mércores, 6 de xuño de 2012

OS EUROPEOS CÚLPANSE MUTUAMENTE

Para evitar o caos os líderes europeos teñen que ser sinceiros sobre a complicidade dos seus propios países na crise.
As noticias económicas que chegan de Europa son cada vez peores. É posible que o Goberno de España, cuns bancos que se van a pique, pronto teña que ser rescatado. O custo dese salvamento podería ser excesivo para o novo fondo europeo de rescate e minguaría as poucas reservas se os investidores volven a mirada sobre Italia a continuación. (...)
O problema non é unha falta de ideas sobre como sacar a Europa d0 lio actual.
(...). O que si falta son políticos co valor necesario para dicir aos seus votantes a crúa verdade sobre como se produciu esta crise e que vai haber que facer para saír dela.
En Grecia presentan os próximos comicios como unha elección entre aceptar as medidas de austeridade impostas desde fóra ou abandonar o euro. (...). Se Grecia volve ao dracma, o sufrimento sería moito peor, intensificaríase a recesión e aumentaría o desemprego. (...)
O reto para os dirixentes gregos -e todos os europeos- é atopar unha forma de estimular as reformas e xestionar a austeridade sen que se produza unha implosión económica e social.
Os préstamos sen fin dos bancos europeos, incluídos os alemáns, axudaron a incrementar as débedas de Grecia e outras economías. E os rescates non son un favor que se fai a eses países. Son, en parte, unha forma de salvar aos propios bancos alemáns. (...).
Para lograr que a eurozona non se descompoña e evitar un caos aínda maior serán necesarios sacrificios de todas as partes. Os líderes europeos só poderán conseguilo se son sinceiros sobre a complicidade dos seus propios países na crise. EL PAIS

1 comentario:

Anónimo dixo...

Varias cuestiones: "Auditorias de firmas independientes" ¿Seguimos pagando a los inspectores de fraudes fiscales, siguen estando en nomina y con contrato de trabajo? (por menos a mi me echan con un puntapie). "La Banca necesita ayuda"? pues que la pida donde La Banca pide ayuda es decir en el Mercado de Valores a mi que me cuenta. "Se reune el G7 para hablar de ..." comadrejas y chismosas, se juntan para hablar de la vecina y no "con" la vecina, siempre ha estado mal y así nos lo han hecho saber nuestros mayores ¿Emilio Botin dice que los problemas quedarían resueltos si le dan a Bankia 40.000 millones?, Pues que se los de él de mi dinero no quiero que se les de nada de nada es más estoy dispuesta a "matar" a quien toque un duro para esa .. "estafa". ¿Que somos muy orgullosos?, yo diría que no que lo que ocurre es que nos tocan los huevos a todos los españoles juntos? y estos con el temita de Bankia y el temita de los Juzgados nos los estan tocando a dos manos, no te digo nada más que una cosa ...como no lo expliquen muy bien explicado la guillotina no va ha ser nada para la que se va ha liar.