venres, 19 de outubro de 2012

ESTA É MIÑA ESPAÑA

España, palabra misteriosa, "furbito", tapitas, botellóns, vertedoiros improvisados en calquera escampado ou parque, trigo crecendo entre mares de bolsas de plástico e verteduras varias, praias masificadas con rascacielos horrendos ata o bordecito do mar, pobos que foron unha chea de chabolas e que cando se modernizan convértense nunha chea de pisos horribles que recordan mais a un galiñeiro industrial que a unha cidade humana no sentido habitable da palabra, incultura por todas as partes, ignorantes que opinan de todo e sentan cátedra sen saber nin do que falan, país que disfrtuta cos malos tratos animais e non me refiro só á festa nacional senón en xeral, desde o matadoiro ata o cachorro desobediente ao que o amo infla a paus.
Patrimonio cultural abandonado ou rodeado, mais ben asediado, pola especulación inmobiliaria que lle construíu barriadas horrorosas ao redor, pais de pelotas e bandullos agradecidos que fomentan o clientelismo ata límites de vómito, carencia de noción da beleza, beirarrúas cheas de chicles cuspidos, pisados e ennegrecidos, pasos de peóns violados constantemente por condutores incívicos que parece ser queren atropelarche, picaresca en todos os sectores económicos do país, desde o taxista que che fai un tour turístico para ir ao virar a esquina, ata o fontaneiro que che cambia o que non necesitas, pasando polo que che bota recortes cheos de graxa na máquina de picar carne.
Políticos e empresarios co mesmo nivel que Perico o dos palotes que todo decídeno despois dunha boa enchente e unha visita a casa "A Pili", señores que vendían pisos póndose de acordo diante do notario de canto ía ir en branco e canto en negro, cidades alagadas por coches conducidos por Don Ninguén López que non pode andar porque andar é de terceiromundistas, que xa llo dicía o seu pai que veu do pobo só "pa" ter coche e fardar en vacacións
¿A quen lle importan as microparticulas que respiramos, esas que non ven? porque xa se sabe que o único que non se ve e existe é Deus, iso si, o Deus do santo señor Don Escriva de Balaguer, ese que dicía que para honrar a Deus o que naceu pobre que pobre quede servindo aos ricos por vontade divina. Marabilloso país que bota ás súas mentes mais brillantes, iso se non teñen a mala sorte de ser queimados insitu, mediocres que medran por todas as partes, terras abandonadas que só serven para que o señor Marqués do allo florido e os seus amigotes vaian cazar catro coellos con mixomatosis ou catro perdices tuberculosas de tanto comer fertilizante químico no trigal mencionado ao principio, onde as bolsas de plástico e os restos desmenuzados de fibro cemento campan ás súas anchas.
País onde os transxénicos e demais lindezas das transnacionais son a bandeira de modernidade patria, país onde se manda á xente a quitar chapapote canceríxeno co chubasqueiro do avó. En fin, podería seguir ata o infinito e máis aló pero se me fai tarde. Este é o meu país, ao que quero ver algún día diferente como xa cantaba Machado, a ver se entre todos cambiámolo e queimamos na praza pública a corrupción, a incultura, o servilismo e o mal gusto charramangueiro en xeral. D.R.M.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Somos diferentes porque el pueblo elige a corruptos con mayoría absoluta sabiendo que lo son. Porque ve el pueblo como echan los corruptos de su puesto al juez que destapa el escándalo de corrupción más grande de nuestra democracia y elige a los responsables de ese abuso con mayoría absoluta. Somos diferentes porque un juzgado popular es capaz de declarar inocente a un presidente de una comunidad contra todas las pruebas contundentes de ser corrupto. Pero no somos tan diferentes de algunos otros como pretendemos: somos una segunda Grecia en eso mismo de lo que Grecia adolece: en irnos al carajo llevados allí por políticos cuya incompetencia y corrupción conocemos de antemano.

DEMOCRACIA dixo...

Aquí todo el mundo es culpable. Unos más que otros, pero en el fondo, todos somos culpables de cebar esta bomba de relojería. Los gobiernos de todo tipo que se beneficiaban de los ríos de impuestos que llegaban de la construcción. Los Bancos que veían aumentar sus beneficios y con ellos sus bonus. Las inmobiliarias que pegaban pelotazo tras pelotazo, simplemente con estar ahí, recuerden el número que llegó a haber de estas. Los empresarios bocazas pidiendo más mano de obra, no había suficiente en España. El curríto de a pié de salto de su pisíto de toda la vida a su adosado, no iba a ser yo menos que los demás. El dueño de terrenos recalificados ( menudo pelotazo, sin crear ningún tipo de valor añadido, sin ningún esfuerzo, por nada, con unos olivos, etc, ) ; el dueño de pisos, que alquilo a inmigrantes estos mismos pisos , metiendo, en ellos a Dios y su madre sin declarar en la mayoría de los casos estos ingresos. Y los 7 millones de inmigrante; siete no me lo creo; yo creo que el doble, o más que creyeron ver en este dichoso país su dorado particular. Ahora toca pagar el despropósito.

Anónimo dixo...

Desde la transición todos los centros que representaban poder ( = dinero) fueron asaltados por los políticos (gentes sin curriculums profesionales ni formación académica, charlatanes) con el apoyo de sus respectivas bandas, que veían así una forma de chupar todos del bote. Las instituciones más desvalidas fueron las primeras en sucumbir: Las Cajas de Ahorros, asaltadas por esa nueva clase de voracidad inagotable. La razón de que nada pueda aclararse es precisamente que todos ellos (PP = PsoE = IU = CiU = PNV = y cómo no, porque sin ellos nada habría funcionado CC.OO.= UGT ) se han repartido el botín hasta los últimos céntimos, y cuando ya no quedaba incluso las endeudaron… de ahí que ahora ni siquiera sepamos dónde estamos, que es dónde radica la raíz del problema… ¿Cómo y por dónde empezar?.