venres, 9 de novembro de 2012

ENTERREMOS A PANDEIRETA

"España é un país de pandeireta". ¿Cantas veces oíron ou pronunciou esta frase ou algunha similar? Os españois somos especialistas en criticar o noso e, a diferenza por exemplo dos franceses, sempre nos vendemos moi mal. Non me negarán que non é o mesmo "Spain is different" (aplicada case sempre de xeito irónico e despectiva) que "L'exceptionnalité française"...
É importante recordar de cando en vez os nosos puntos fortes e máis nestes tempos grises. Non se trata de caer na frivolidade, nin de perder a capacidade de autocrítica. Tampouco de ignorar as penurias desta crise. Pero é que esa parte da historia, por desgracia, xa a coñecemos, e agora toca coñecer a outra, a boa, a optimista. Obxectivamente, e baseándose na evidencia, os aspectos positivos do noso país son igual de certos que as informacións negativas coas que almorzamos cada mañá.
Primeiro falso mito: "España é un país improdutivo". Segundo Eurostat, a produtividade española aumentou considerablemente nos últimos tres anos, recuperando máis da metade da competitividade perdida tras a entrada no Euro. Neste artigo de London School of Economics lemos que a produtividade española incrementou un 11% en termos de PIB por traballador dende o inicio da crise (en 2008), e un 8% en canto a PIB por hora traballada. É dicir, a nosa produtividade é a que máis mellorou de toda a Eurozona.
Outro falso mito: "España non vende". As exportacións de bens españois aumentaron en 55.000 millóns de euros dende 2009, un equivalente ao 5,1% do PIB. Segundo a OCDE, España foi o país que mellor soubo manter a súa cota de exportacións a nivel global durante a crise, a pesar da competencia dos mercados emerxente. Ademais, segundo o 'European Attractiveness Survey 2012' de Ernst&Young, España é o cuarto país europeo (de 43 analizados) máis atractivo para investir. De feito, o investimento directo no noso país incrementouse un 62% en 2011.
Como non só de economía vive o home (aínda que custe crelo ultimamente), convén recordar que en España hai moito talento e logros destacables. Máis alá das proezas deportivas, de sobra coñecidas por todos, España conta con líderes no plano científico, artístico, tecnolóxico e cultural...
Por favor, enterremos o mito da pandeireta. É innegable que hai mil cousas que mellorar, pero tamén que hai que difundir as nosas virtudes. É conveniente non tirar pedras sobre o noso propio tellado, e coñecer (e recoñecer) as cousas boas que temos, que aí fóra sempre haberá quen estea ansioso por sacarnos as vergüenzas

Ningún comentario: