sábado, 8 de decembro de 2012


Mobilizacións de xubilados e pensionistas contra o recorte das súas pensións.


As organizacións de xubilados e pensionistas de CCOO e UGT protagonizarán ao longo da próxima semana un calendario de mobilizacións itinerantes ante as delegacións do Instituto Nacional de Seguridade Social ou da Tesouraría da Seguridade Social, en todas as Comunidades Autónomas, para protestar polo recorte das pensións e a perda de poder adquisitivo que aprobou o Goberno do Partido Popular.

As accións unitarias de protesta desenvolveranse baixo o lema:
Imos á rúa! Contra o recorte das pensións, conforme a este calendario:


· Día 11 de Decembro: Madrid, Cataluña. Extremadura, Navarra e A Rioxa.

· Día 12 de Decembro: Castela e León, Aragón, Asturias e Castela a Mancha.

· Día 13 de Decembro: Murcia, País Valenciano, Andalucía e Baleares.

· Día 14 de Decembro: Euskadi, Galicia, Cantabria e Canarias.

· Ceuta e Melilla tamén ao longo da semana.


07 de decembro de 2012