domingo, 13 de xaneiro de 2013

ANTE SEIS MILLÓNS DE PARADOS

Poñerse as pilas e buscar solucións, ofrecendo premios aos que logren aportar algunha idea que sexa efectiva e póidase poñer en practica. o ofrecemento debe facerse a toda a poboación nacional para que sexa todo o colectivo que queira e poida o que se mobilice neste tema. Si mobilizásense as televisións as radios en buscar formulas para axudar aos que están parados e que estes se axuden así mesmo animando a facer traballos en lugar de estar lamentandose en casa.
1º.- Unha declaración de prioridad nacional por parte de todos, políticos, sindicatos, empresarios, medios de comunicación e sobre todos de toda a sociedade no seu conxunto.
2º.- Deixar que aparezan solucións para evitar que os que estean parados sigan parados, unha podería ser que de forma voluntaria os que queiran axudar aos que están parados poidan facelo ofrecendo horas do seu traballo para que aprendan o que están facendo e poidan compartir o traballo, de forma que á empresa non lle custe diñeiro, pero o que de verdade queira axudar a outro poida facelo en practica e non con declaracións de boas intencións. En principio sería repartir unha parte dos seus ingresos cos que non teñen nada que encontrapartida estarían dispostos a facer unhas horas mais das que cobra para paliar a súa falta de practica no traballo, ata que logre dominalo a plena satisfacción da empresa. O primeiro colectivo que debería de ofrecer este servizo seria o dos políticos, seguro que todos teñen actividades que poden delegar noutros dando así oportunidade aos mais mozos a ver como funciona a política á vez que entran na actividade laboral cobrando as horas que lle ofrezan.
Estamos falando de lograr que se produza un movemento colectivo de todo o que ten actividade e cobra un soldo, en poder axudar cunha ou mais horas do seu traballo aos que non o teñen, seguro que habería moitas persoas dispostas de ceder algunha hora do seu traballo para que outros se sentisen fora da marxinación dos sen traballo.
3º.- Os parados que saiban realizar algún traballo que a sociedade necesite, ofrecerse a realizalo sen condicións previas, de maneira que sexa o traballo que realice o que xustifique o que lle poden dar por realizalo. O prioritario é que poida traballar en algo que lle guste e saiba ou que lle guste e aprenda.
4º.- Eliminar as formulacións de esixir nada que non sexa poder traballar no que quere e en función do seu traballo recibir a compensación que se lle poida dar polo traballo realizado
5º.- Os que estean cobrando calquera cantidade por estar parados que se ofrezan a facer traballos que lles guste facer e que consideren que están capacitados, de forma que non se vexan como unha carga, que poidan empregar o seu tempo traballando no que lle guste e saiba facer.
6º.- Facilitar a calquera emprendedor que queira poñer en marcha algo que se vexa por parte dunha auditoria especializada que pode cumprir cunha demanda social de interese, ofrecendolle o financiamento necesario para que poida empezar ese traballo.

Ningún comentario: