domingo, 7 de xullo de 2013

A HISTORIA DA LOITA DE CLASE

Non é que nós neguemos que os individuos da comisión, xa como deputados, que o son algúns, xa como ministros, que poden chegar a selo, teñan que facer un día reformas beneficiosas para a clase obreira.
Non é que dubidemos que o fagan: o que sostemos é que, así como eu, traballador asalariado, vou traballar, non polo meu gusto, senón obrigado polas circunstancias, así tamén a comisión, se fai algunhas reformas, será porque a clase traballadora, porque os que sofren, lle obriguen a facelas, non porque saia dela espontaneamente...
A historia demóstranolo: a clase traballadora inglesa, que levou preto dun século loitando por alcanzar unha lexislación favorable ao traballo, non mereceu da cámara dos lords nin da dos comúns nada que saíse delas, senón que o obtivo todo da resistencia, da unión e da forza que sempre representou a clase traballadora.
En Inglaterra, a clase dominante concedeu leis que logo burlou, e a clase traballadora inglesa tivo que facer unha segunda campaña para obrigalo a cumprila. O mesmo teremos que facer os obreiros españois: reclamar leis, pero estar ollo avizor para que se cumpran, porque se non facemos iso, serán letra morta... e cando miles e miles de traballadores reclaman unha cousa, hai que concedela á forza, porque se non é perigoso, e é posible que se perda bastante máis.
Dende logo, e para que se teña moi en conta, hei de examinar cal é a situación da clase traballadora; é dicir, en que condicións se encontra na sociedade actual. A historia da humanidade, ata o presente, non é máis que a historia da loita de clases, loita de intereses contra intereses; só que en vez de dúas clases houbo antigamente varias.

Ningún comentario: