venres, 5 de xullo de 2013

AS VIVENDAS EN BARREIROS SON ILEGAIS

Unha das máis controvertidas actuacións urbanísticas do Goberno de Feijóo, a legalización de centos de vivendas no municipio de Barreiros, na costa de Lugo, recibiu un severo correctivo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). A máis alta instancia xudicial da comunidade autónoma aceptou un recurso da agrupación ecoloxista Adega e anulou o chamado plan sectorial de Barreiros que aprobou o Conselo da Xunta en marzo de 2012. Con ese plan o Executivo autónomo pretendía dar cobertura legal á maior actuación urbanística dos últimos anos no litoral galego -o Concello concedera licenzas para 5.800 pisos, unha boa parte delas declaradas ilegais- e á vez achegar diñeiro público para dotar de infraestruturas a unhas urbanizacións edificadas sen apenas servizos para as vivendas...


Ningún comentario: