venres, 27 de decembro de 2013

DERRUBAMENTO DO HOTEL TALASO ATLÁNTICO

O alcalde de OiaAlejandro Rodríguez, emitiu o decreto que ordena o derrubamento do Hotel Talaso Atlántico. O tenente de alcalde, Eugenio Portela é o que asina este, con data de 4 de decembro e que xa está en poder do Xulgado Contencioso Número 3 de Pontevedra. Dende esta sala saíu hai exactamente un ano o auto que advertía ao alcalde da imposición de multas coercitivas senón demolía este hotel de catro estrelas antes do 30 de decembro do 2013. O Tribunal Superior de Galicia desestimou en setembro os recursos que tanto en Concello como a sociedade propietaria presentaron contra o auto. O primeiro aínda o considerabalegalizable e a sociedade mercantil promotora das obras apelaba a que non se podía destruír sen valorar antes a indemnización, estimada por eles nuns 17 millóns de euros. O alto tribunal galego considera que a execución da sentenza pola que os tribunais declararon a nulidade das licenzas municipais leva consigo «sen dúbidas» o derrubamento sen previo expediente de responsabilidade patrimonial na que podería ter incorrido o Concello por conceder mal a licenza, de acordo a unha ordenanza que non fora publicada nin tiña validez.

O administrador do TalasoJesús Pérez Gil explica que os técnicos «xa teñen encaixado o proxecto no PXOM»

Ningún comentario: