sábado, 11 de outubro de 2014

IMPUTADO O DIRIXENTE COMUNEIRO QUE DEFENDE O CENTRO COMERCIAL DE VIGO

A xuíz ve indicios de apropiación indebida nunha operación urbanística

A permuta baixo sospeita foi clave para o rexeitamento da gran superficie
 
A revelación dunha insólita permuta de terreos que, segundo todos os indicios, fixo perder unha elevada cantidade de diñeiro á Comunidade de Montes de Cabral, quebrou a confianza dos comuneiros no seu presidente, Luis Rodríguez, e acabou sendo clave en que estes dixesen non ao gran centro comercial que a compañía Eurofund Investments pretendía instalar na zona. Pero os feitos non remataron aí. A oposición a Fernández trasladou o caso á fiscalía, o que derivou na imputación xudicial do presidente por un presunto delito de apropiación indebida.

O titular do xulgado de instrución número 8 de Vigo emitiu un auto no que estima a existencia naquela operación de indicios de aprobación indebida, polo que cita a declarar a Luis Fernández en calidade de imputado o próximo 30 de outubro. Entre outras dilixencias, a xuíz tamén cita como testemuña a Jesús de la Fuente Villar, xefe do Servizo de Montes e Servizos Forestais da Xunta en 2006, cando Villar iniciou os trámites da actuación presuntamente delituosa.
 
A fiscal xefe da área de Vigo, Susana García-Baquero, avanzou na súa investigación previa a existencia de indicios de actos de disposición e adquisición "que prexudican os intereses" da comunidade de montes, ademais de "vulnerar a normativa reguladora" destas entidades. No auto da fiscalía establecíase que os feitos "constitúen un delito de apropiación indebida na súa modalidade de xestión desleal", penado con seis meses a catro anos de prisión.

A operación que agora investigará o xuíz iniciouse en 2006, en plena burbulla urbanística, e culminou a principios de 2012, aínda que se coñeceu en setembro do pasado ano, só dous meses antes da asemblea que decidiu negar a cesión dos terreos para o proxecto de Portocabral. Basicamente, os feitos consisten nunha permuta negociada por Fernández co titular dunha sociedade inmobiliaria denominada Grucave SL, na que a comunidade de montes achegou 3.140 metros cadrados de terreo industrial na zona de Puxeiros a cambio de 4.300 de terreo rústico clasificado como comunal.
 
A Comunidade de Montes xa desembolsara previamente 240.000 euros, para comprarlle ao Concello de Vigo unha parcela de 740 metros cadrados que interesaba a Grucave. Durante seis anos, Luis Fernández porfiou nunha negociación coas autoridades municipais ata que finalmente logrou adquirir o terreo, a un prezo de 335 euros o metro cadrados. O intercambio realizouse a pesar de contar cun informe en contra da Xunta, que alertou de que a entidade achegaba terreos non comunais a cambio doutros que si o eran, e que polo tanto poderían ser asumidos sen custo ningún.

De aplicarse a toda a parcela o prezo que pagou a comunidade de montes polos 714 metros cadrados que lle adquiriu ao Concello, os terreos que remataron en mans da promotora Grucave, e nos que se construíu unha gran nave industrial, terían superado o millón de euros. Segundo cálculos da oposición a Fernández, os que achegou a comunidade poderíanse ter reunido por uns 100.000 euros. Tras pechar a operación, Grucave vendeu a parcela ás empresas dos fillos do seu titular, Antonio Caride. Posteriormente, un deles revendeu a súa parte ao seu irmán por 562.000 euros.

Ademais das declaracións de Luis Fernández e do entón responsable do Servizo de Montes da Xunta, a xuíz do número 8 de Instrución de Vigo requiriu a Grucave para que que achegue a escritura pública de permuta e a proba documental da adquisición de dúas parcelas, así como a proba documental da recepción do prezo. Tamén insta á notaría na que se pechou a operación a que remita o expediente completo de escritura de ambos os dous terreos polos que a inmobiliaria as agrupou en febreiro de 2006. Ordena así mesmo á Policía Nacional a que cumpra todas dilixénciaas pendentes.
 
Portocabral insiste

Malia que o rexeitamento dos comuneiros, por unha estreita marxe de votos, frustrou a execución a curto prazo do proxecto Portocabral, Eurofund Investments non desiste. O grupo investidor ten outra vía, máis lenta, consistente en esperar a que o Concello de Vigo execute o desenvolvemento urbanístico da zona afectada, que o actual Plan Xeral clasificou para un gran complexo de uso principalmente comercial. E xa anunciou que a súa intención é poñer en marcha un proxecto no que asegura que investirá 500 millóns de euros.

O alcalde, o socialista Abel Caballero, mostrouse sempre favorable á creación do centro comercial, e asegurou que o desenvolvemento da zona é unha obriga considerada no plan. Os opositores ao proxecto e á directiva do imputado Luis Fernández mantéñense alerta, conscientes de que a asemblea que decidiu non ceder os terreos a Eurofund non supoñía a renuncia definitiva do grupo ao proxecto.

O plan de Eurofund dividiu a parroquia de Cabral e provocou enfrontamentos entre partidarios, liderados pola directiva dos comuneros, e detractores. Unha asemblea o pasado ano rematou con sete feridos e tres detidos
. EL PAIS

O presidente dos montes de Cabral, citado a declarar por presunta apropiación indebida

1 comentario:

Anónimo dixo...

Nada de "permutas" coa comunidade de montes,expropiación forzosa é o que se necesita neste caso... O desenvolvemento da cidade non pode supeditarse o que din catro "paisanos"