martes, 1 de decembro de 2015

O TRIBUNAL SUPRENO ANULA O PXOM DE VIGO



O cidadán é o protagonista da democracia. A democracia é unha sociedade de cidadáns. O cidadán é, ante todo, membro dunha comunidade política. (Jesús Silva Herzog)
 
Alternativa Veciñal Vigo, quere agradecer a todos-todas os vigueses-viguesas a súa colaboración na loita titánica contra o PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE VIGO.
 
""""""PLAN XERAL DECLARADO PLAN ILEGAL""""""

4 comentarios:

Unknown dixo...

Teñen idea do que acaban de facerlle a esta cidade? Non só a esta cidade, a esta comarca? Saben a cantidade de postos de traballo que van desaparecer ou se van deixar de crear pola vosa culpa? As cifras da inversión tanto pública coma privada que non se vai poder levar a cabo? Non nos agradezan aos vigueses nada porque vostedes non saben o que realmente é ser vigués. Os vigueses queremos que a nosa cidade prospere. Non buscamos o noso beneficio individual coma vosteded. Acaban de facerlle un dano tremendo a esta cidade. Vigo, a cidade lastrada polos seus propios habitantes, que se opoñen ao progreso. En fin, señores, ogallá se dean de conta algún día do que acaban de facer. Non representan a Vigo nin aos vigueses, así que déixense de botar flores coma se fosen os heroes. Vostedes son os viláns.

Guillermo

Anónimo dixo...

.

Anónimo dixo...

A sentenza foi clara, a Xustiza deu a razón a estos veciños que interpuxeron ante o Tribunal Supremo unha demanda contra este PXOM agora declarado ILEGAL por non cumplir cos trámites establecidos.
En democracia temos dereito a discrepar e se non estamos dacordo con algo podémolo denunciar e acudir a Xustiza como foi o caso.
Agora o que deberiamos preguntarnos é quenes son os que cometeron esta ILEGALIDADE , eles son os que deben asumir as responsabilidades disto e responder por elo.
Neste pais estamos acostumados por desgraza a que moitos dos nosos dirixentes e a clase política fagan o que lles dea a gana , saltándose as normas e a Lei ou buscando atallos ou artimañas para poder facelo, co obxetivo de favorecerse eles mesmos ou atendendo ao interese duns poucos, co fin de lucrarse especulando con promocións urbanísticas coa excusa de crear traballo.
O futuro está nos movementos cidadáns , como é o caso da Asoc. Veciñal Alternativa que velen pola protección do noso medio ambiente, polo noso patrimonio e polo ben común do conxunto da cidadania.
Debemos comezar a pensar que cidade lle queremos deixar aos nosos fillos: se unha cidade inavitable , chea de polígonos industriais, ladrillo, cemento e asfalto, ou unha cidade sostible , ordenada e respetuosa co noso entorno natural, a nosa ria e as parroquias do rural.
No plan agora ilegalizado estaban previstas actuacións calamitosas , que pretendian cargarse
grandes extensións de monte para instalar industria e macrocentros comerciais. Unha ronda que desvertebra o rural, e un grande volume de contrucción urbanística.
Nesta cidade xa temos experiencia de como se levaron a cabo aberracións co pretexto do progreso, e que hoxe a maioria dos cidadáns as desaproban. Por iso non sigamos por ese camiño e cambiemos o rumbo do futuro desta cidade.
UN NOVO PLAN E POSIBLE , mais democrático, transparente e refrendado polo conxunto dos cidadans de VIGO!!!!

Anónimo dixo...

Pero tardará unos años y mientras mucha gente sin empleo y la ciudad parada, familias con problemas serios, y gente joven sin poder pensar en su futuro ni tener hijos....no me parece bueno para los vecinos.