NOTA DE PRENSA
ALTERNATIVA VECIÑAL XA ADVERTIU DA ILEGALIDADE DO DESENVOLVEMENTO URBANÍSTICO DO PXOM DE VIGO.

Alternativa Veciñal aplaude o apoio á protección da paisaxe litoral de Vigo da Xunta de Galicia, e comparte con ela a súa posición firme e comprometida cun futuro sostible para o noso concello.
Esta actuación da Xunta, a favor da legalidade, vén dar a razón ao movemento veciñal que se manifestou contra o desprezo á fachada litoral e á abusiva e inxustificada urbanización do concello previstas no PXOM de Vigo.
Alternativa Veciñal comparte, tamén, o compromiso das iniciativas locais para evitar a degradación do conxunto do territorio municipal que produciría o PXOM no caso de seren aprobado: desde Cabral, onde o bosque autóctono da conca alta do Lagares está ameazado pola urbanización do complexo terciario de Liñeiriños, ata Coruxo, onde perigan os valiosos bosques e prados do humidal da Pereiriña, no Vao, pola proxectada construción dun campo de golf. Alternativa Veciñal continuará realizando un seguimento activo da tramitación do PXOM, de forma transparente, aberta á participación de todas as parroquias e da opinión pública, velando sempre por un escrupuloso respecto á lei.
VIGO DEBE LIDERAR O CAMBIO CARA A UNHA NOVA POLÍTICA URBANÍSTICA..
A destrución masiva do medio ambiente, con ánimo de lucro, é a manifestación máis actual dun materialismo insaciable que avanza cego de cobiza tras os pasos do insensato rei Midas.
A ocupación abusiva dun espazo público, como é a costa, por unha construción indiscriminada que busca en exclusiva o beneficio privado, é unha das súas manifestacións, e xa foi denunciada por AV por ilegal e por ser contraria ao interese xeral.
Conservar a paisaxe actual e evitar a súa degradación para as seguintes xeracións de vigueses, é un compromiso da sociedade actual que non entenden nin a alcaldesa, a señora Porro, nin o PP, nin os seus cómplices neste desaforado desenvolvemento urbanístico.
AV entende que é responsabilidade súa alertar de que querer impoñer custe o que custe este PXOM está prexudicando a Vigo; que é necesario liberar todas as forzas malgastadas nesta loita estéril, para acometer, conxuntamente, os desafíos que presenta a sociedade actual.
Para AV, Vigo debe liderar o cambio cara a un nova política urbanística, que respecte o territorio, a paisaxe e a identidade cultural de Galicia, coa vista posta nun desenvolvemento sostible fronte aos intereses especulativos en exclusiva.
O goberno local debe poñerse á fronte desta crecente demanda social, sen máis perda de tempo, e comezar a redacción dun novo Plan Xeral que sente as bases deste novo liderado.

Vigo, 10 Xullo 2006
Ningún comentario:
Publicar un comentario