xoves, 28 de setembro de 2006

MEDO Á AVALIACIÓN AMBIENTAL

NOTA DE PRENSA
.
"O CONCELLO TEN MEDO Á AVALIACIÓN AMBIENTAL"
.
Xunta ten por misión e obxectivo velar pola seguridade xurídica e a sostibilidade do PXOM de Vigo. A lei 9/2006 de Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE) debe aplicarse sen ningunha dúbida, con ou sen excepcionalidade. Así lle consta ao concello de Vigo desde o 11 de Agosto por unha comunicación escrita da Consellería de Medio Ambiente.
-Se o goberno do concello de Vigo quere dar confianza a inversores e compradores de bens inmobles, debe elaborar un PXOM con todas as garantías. E para iso debe impulsar que o Plan Xeral sexa sometido urxentemente ao que dita a devandita lei, tal como 23 Concellos de diferente cor política anunciaron xa que farán.
-Á vista de ilegalidades urbanísticas cometidas en Vigo, evidenciase a falla de unha prevención eficaz por parte da Administración. A prevención constitúe, hoxe, fronte as agresións realizadas contra o medio ambiente –incendios, construccións, Prestige, etc.- unha clara demanda social. A sociedade -e o sentido común- pide aos poderes públicos que utilicen esta ferramenta potente para evitar a destrucción dos nosos valores e a permanente impunidade.
-A lei de Avaliación Ambiental Estratéxica é, ante todo, unha ferramenta de prevención dos danos irreparables que poden causar os plans xerais no medio ambiente; un medio para manter e potenciar Vigo como un Concello atractivo, acolledor e habitable para os seus veciños actuais e potenciais. Un instrumento para que Vigo sexa competitivo tamén en calidade de vida.
-Só un motivo moi poderoso pode obrigar á Sra. Porro a non admitir estos razoamentos: o medo. Medo a someter o PXOM ao exame da lei de AAE, porque sabe que non cumpre. Medo ao xuízo dos cidadáns cando descubran que lles mentiu sobre a legalidade, idoneidade e calidade técnica do PXOM. Medo a perder as eleccións por defraudar aos cidadáns e optar por unha política insostible de confrontación que levará á ruína a esta empresa que se chama Vigo.
-A lei 9/2006 de AAE é unha lei de prevención; sería de imprudentes non aplicala. Nun estado de dereito, só quen é insensible ás consecuencias dos seus actos e cree ser inmune, actúa contra o sentido da lei, provoca o enfrontamento entre administracións, dana as institucións e causa graves prexuizios aos cidadáns.

Vigo, 28 Setembro 2006

Ningún comentario: