martes, 21 de novembro de 2006

NOVA LEI PROTECCIÓN DA COSTA



A Xunta prohibirá construír a menos de 500 metros do mar en todos os concellos
.
A medida afecta sobre todo aos concellos que aínda non adaptaron a sua planificación á lexislación vixente, a futura lei, prevé aplicarse no segundo semestre do ano 2oo7.
.
A conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, presentou un avance da Lei de Medidas Urxentes de Ordenación do Territorio e do Litoral de Galicia que inclúe a suspensión do desenvolvemento urbanístico de terreos situados a menos de 500 metros do mar naqueles concellos que aínda non adaptaron o seu plan á lexislación vixente.

-En rolda de prensa na sé da Xunta, Caride explicou que esta suspensión poderá aplicarse en todos os municipios costeiros que no seu PXOM teñan clasificados, dentro desa franxa, terreos de solo urbanizable, apto para urbanizar ou rústico apto para o desenvolvemento urbanístico.

-No caso dos municipios costeiros con poboación inferior a 50.000 habitantes estas limitacións estenderanse aos terreos que, pese a estar clasificados como solo urbano, non reúnan os requisitos de solo urbano consolidado e, en todo caso, aos terreos incluídos en polígonos, unidades de actuación ou de execución.



Ningún comentario: