mércores, 13 de decembro de 2006

A DEPUADORA SEGUE IGUAL

Máis vertidos como resposta
.
Ha pasado exactamente un ano desde que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea sacoulle as cores a España pola contaminación da ría de Vigo. Desde entón a Xunta de Galicia e o Concello de Vigo non deixaron de discutir sobre a ubicación dunha nova depuradora, imprescindible para ataxar o problema.
-O tráxico é que, cada día que se botan os trastos á cabeza, uns 66 millóns de litros de augas residuales sen desinfectar empeoran considerablemente a situación porque as estacións depuradoras existentes, fundamentalmente a do Lagares, son incapaces de tratar o caudal que reciben.
-Aínda máis. Fai só dúas semanas, un informe dos técnicos do Concello olívico revelaba que as fortes choivas disparan a contaminación na ría de Vigo. As augas pluviales e as residuales mestúranse nunha rede de colectores insuficiente e os vertidos libres ao mar multiplícanse polos aliviaderos que bordean a cidade.
-O tema ten difícil solución. Polo menos ata logo das municipais de maio do 2007. O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, esixe ao Concello que facilite terreos para a nova depuradora, que custará 100 millóns. A alcaldesa di que o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (aínda sen aprobar por parte da Xunta) xa propón no recheo portuario de Bouzas. E o presidente da Autoridade Portuaria e candidato do PSOE á alcaldía, Abel Cabaleiro, oponse.
-Pero á marxe do interese electoral, hai moito en xogo: o empeoramento medioambiental da ría, a imaxe do maior porto pesqueiro de Europa e sancións da UE que no peor dos casos poden alcanzar os 95 millóns de euros e repetirse cada seis meses ata que os vertidos non sexan a única resposta que dan as Administracións implicadas.

Ningún comentario: