domingo, 3 de decembro de 2006

A ONU, FALA DA CORRUPCIÓN



"A ONU DI QUE ESPAÑA SOFRE UNHA GRAVE ESPECULACIÓN URBANÍSTICA"

.
-Alerta de que entre o 20 e o 25% da poboación está excluída do mercado da vivenda.
-Esixe ao Goberno «medidas inmediatas», como suprimir as subvencións a promotores.
.
-O relator especial de asuntos da Vivenda de Nacións Unidas, Miloon Kothari, asegurou onte que entre o 20 e o 25% da poboación española está excluída do mercado da vivenda, debido principalmente ao seu alto prezo. Tras pasar doce días en varias cidades españolas, Kothari expuxo en rolda de prensa as súas observacións, de carácter preliminar.
-Kothari opinou que o Executivo debería intervir e adoptar «medidas inmediatas» para resolver o problema da vivenda en España, que é «o máis grave de Europa e un dos maiores do mundo», apuntou.
-O relator de Nacións Unidas sinalou que o Goberno español «está sensibilizado» con este asunto e recordou que visitou España a petición do propio Executivo, pero insistiu en que a situación actual é «insostenible».
-Sobre a corrupción, dixo que o caso de Marbella é «só a punta do iceberg» e «moito máis grave» do que a opinión pública puido saber polos medios de comunicación.
-Por iso, recomendou extremar a vixilancia e aplicar o código penal con rigor, aínda que recoñeceu que para iso fai falta «vontade política e económica», e fixo referencia ao conflito de intereses que existe ás veces entre o Goberno central e os das comunidades autónomas e os municipios.
-Tamén subliñou que en España existe un problema «moi grave coa especulación e o enriquecimento dos promotores». A este respeto fixo súa a recomendación da OCDE de suprimir as subvencións aos promotores, unha medida coa que o prezo da vivenda podería reducirse entre un 15 e un 30%, indicou.
-Achega das medidas que tomou o Goberno español, apoiou a aposta polo aluguer, así como o proxecto de Lei do Solo, que agora está en trámite parlamentario e podería entrar en vigor a próxima primaveira. Kothari mostrouse sorprendido tras constatar que España é un país rico desde o punto de vista financeiro, con grandes investimentos en infraestructuras e altos ingresos por turismo, e en cambio padece un grave problema de acceso á vivenda, debido a que a «clase media» conta en moitas ocasións con «traballos pouco estables» e con dificultades para conseguir unha hipoteca.
-Tamén expresou a súa preocupación pola subida dos tipos de interese, un fenómeno que encarece as cotas das hipotecas e xera «estrés» aos propietarios da vivenda. Así mesmo, recordou que o problema da vivenda afecta aos inmigrantes, que, malia contribuír de xeito importante ao crecemento económico, «viven de xeito segregada e excluídos».
-O relator de Nacións Unidas opinou que o racismo é un factor presente na sociedade española, e que debería resolverse desde a educación. Kothari celebrou a aposta que fixo España pola universalización da sanidade e a educación, pero subliñou que «non hai calidade de vida» sen a inclusión da vivenda entre estes pilares básicos.
-O representante da ONU elaborará agora un informe sobre o grado de cumprimento do dereito a unha vivenda digna en España, que elevará ao Consello de Nacións Unidas nun prazo de tres meses. O Goberno español recibirá unha copia e contará á súa vez con outros catro meses para responder ao mesmo.
La Voz de Galicia

Ningún comentario: