luns, 4 de decembro de 2006

MODUS OPERANDI 1

CONSULTORA GALEGA: MODUS OPERANDI
.
.(I: CARTOGRAFÍA)
..
Recentemente, un diario local recollía as declaracións do director de Consultora Galega (sic), presunta empresa redactora do novo PXOM de Cangas de Morrazo. O Sr. Zumárraga pronúnciase sobre tres aspectos dos plans xerais: cartografía, relación cos interesados e convenios urbanísticos.
-Respecto de a cartografía di: "Mal iriamos comezar tamén nós, se non dispoñemos dunha cartografía medianamente actualizada". Consultora Galega non tivo esa prevención cando confeccionou o PXOM de Vigo. A revisión das hemerotecas mostran como, no PXOM de Vigo, Consultora Galega traballou sobre unha cartografía desfasada. Nada como comprobar canto se construíu nos últimos anos no concello de Vigo para darse conta da rapidez coa que se verifica a obsolescencia dos planos.
-O contrato entre o Concello de Vigo e Consultora Galega para a redacción do PXOM, tivo lugar o 7 de Setembro do ano 2001, sendo concelleiro de urbanismo o Sr. Toba do BNG.
-A primeira versión do Plan de Urbanismo para a súa aprobación inicial foi entregada por Consultora Galega ao Concello o 14 de maio de 2003.
-Unha actualización da cartografía de Vigo, tivo lugar no mes de Xuño do ano 2003. En 1990 o Concello asinou un convenio co Centro de Xestión Catastral para elaborar unha nova cartografía do municipio. Trece anos despois o concelleiro salinte de Urbanismo e Facenda, Xabier Toba, presenta o resultado destes traballos. Segundo o Sr. Toba non houbo interese neste longo intervalo para concluír un proceso que permite á Administración ter información directa e rápida sobre todas as parcelas existentes nas dez mil hectáreas que compoñen o municipio vigués.
-A aprobación inicial do PXOM realizouse o 30 de Decembro de 2004.
-Unha nova contratación autorízase no Consello da Xerencia de Urbanismo de 30 de Xuño de 2005. Tratábase dunha asistencia técnica para a actualización da cartografía do municipio. O prezo máximo do contrato ascendía a 90.000 euros e este traballo considerábase necesario para completar os traballos do Plan Xeral nese momento en marcha.
-A aprobación provisional do PXOM realizouse o 19 de Maio de 2006.
-Como no nonato PXOM de Cangas de Morrazo, na exposición pública do plan xeral de Vigo (desde o 01/02/2006 ao 31/03/2006), constatouse a existencia de numerosos erros e casos de vivendas construídas que figuraban no documento como leiras baleiras. Estas incidencias provocaron un gran malestar entre os afectados e a presentación de numerosas alegacions. Agora o Sr. Zumárraga adianta que Consultora Galega fará para o Concello de Cangas un informe sobre o contido do Plan Xeral anterior, no sentido de valorar o que consideren que é, por así dicilo, bo, malo ou regular no mesmo.
Alternativa Veciñal

Ningún comentario: