mércores, 6 de decembro de 2006

MEDIO AMBIENTE


Pérdense 200.000 quilómetros cadrados de bosque ao ano.

Os bosques tropicais quedarán reducidos a un 10% a principios do século próximo e a unha pequena mancha no ano 2.050. Pero ata onde non se talla o bosque queda fragmentado en illas que son ecologicamente fráxiles. As especies extínguense con máis facilidade en territorios pequenos que nos grandes xa que as poboacións pequenas son máis propensas a calquera enfermidade ou perturbación exterior e poden sucumbir antes. Con todo a perda de hábitats non é exclusiva dos bosques tropicais. En todo o mundo os ecosistemas naturais hanse degradado e moitos deles están en perigo e existen comunidades completas ao filo da extinción.

No ano 1.600 os seres humanos eran 500.millóns, no 2.050 haberá 10.000 millóns. Na actualidade consómese o 40% da productividad primaria neta do planeta, é dicir case a metade da energia dispoñible para soster a todas as especies. Segundo o rexistro fósil, calculouse que durante os períodos de extinción normal, é dicir sen que interveña ningún cataclismo, que a perda é dunha especie cada catro anos. Na actualidade extínguense unhas 30.000 especies ao ano. Este volume de desaparicións sería comparable ás producidas nunha das cinco grandes crises biolóxicas da historia do Planeta. Neste caso non sería por un cambio climático global, o retroceso do nivel do mar,ou pola caida dun asteroide, senón pola nosa especie, que como di Richard Leakey, no seu libro "A sexta Extinción": " O Homo sapiens está maduro para ser o destructor máis colosal da historia". As plantas e os animais non só son fonte de energia senón tamén nos provén de fármacos, alimentos novos e materias primas. Unha rede interactiva de plantas e animais é importante para a química do solo e a atmosfera, a perda destes reduce a eficacia deses servizos. Unha abundante diversidade inflúe na psique humana, asi que ¿de cantas especies podémonos librar sin que eso nos afecte?

5 grandes extincions. Durante os últimos 600 millons de anos se han producido 20 episodios de extinción masiva, cinco de eles estuveron a punto de facer desaparecer a vida na Terra e aún non se sabe con certeza cales han sido as causas de estos dramas.

Ningún comentario: