martes, 5 de decembro de 2006

¿A CORRUPCIÓN E UNHA ENFERMIDADE?

¿É posible que haxa cidadáns que len as leis ao revés? ¿Pensarán alguhas empresas e profesionais da construción que a lei do solo non se fixo para protexer o territorio, senón para protexer o seu negocio, para elevar o seu ánimo de lucro? ¿Haberá -ocórreseme- analogamente,tamén, empresarios que pensen que o estatuto dos traballadores non se fixo para que os seus traballadores estean protexidos dos seus posibles abusos ou neglixencias, senón para defender os seus intereses fronte á posible falta de colaboración dos traballadores?
¿É posible que, no rural interior, na costa, onde nós vemos beleza e biodiversidade, eles só vexan terreo edificable? ¿Donde, para nos hai unha paixase a protexer; para eles, hai unha oportunidade de lucro. ¿É posible que só teñan un pensamento único:construir e mais construir? ¿Sería, a corrupción urbanística, unha enfermidade producida por esta visión invertida da realidade e por unha obsesión pola construcción? Enfermidade que, ademais, non se recoñeceria. Se así fose, habería que solicitar as autoridades sanitarias a sua catalogación, para así permitir que estas persoas, vítimas de esta adicción e necesitadas de axuda, poideran facer unha terapia para curar esta destructiva e altamente contaxiosa enfermidade. Precisaríase, tamén, poñer os concellos en cuarentena. Polos contactos
Alternativa Veciñal

Ningún comentario: