luns, 17 de setembro de 2007

AS CONTRADICIÓNS DO PSOE

Vigo gaña tempo para o PXOM coa Finca do Conde
.
Caballero recorre contra a sentenza anulatoria da licenza do centro comercial, denuncia que presentou o propio PSOE no goberno anterior
.
Deprisa, deprisa. O título da película de Carlos Saura axústase como unha luva á carreira contrarreloxo que disputa o Concello de Vigo para seguir gañando tempo á xustiza ante as sucesivas sentenzas condenatorias por licenzas urbanísticas, con orde de derruba incluída, que en caso de executarse levarían a indemnizacións millonarias.
O último sprint antes de que se aprobe ó Plan xeral de ordenación municipal (PXOM)correspóndelle ó executivo presidido polo socialista Abel Caballero que onte mesmo anticipou que está en estudo presentar un recurso en contra da última sentenza anulatoria da licenza do centro comercial Gran Vía, construído na Finca do Conde.
Abel Caballero asegura, tranquilo, que ata o día 24 hai prazo para presentar o recurso, indicando que "non descarto que se teña que presentar.

Ningún comentario: