mércores, 5 de setembro de 2007

OS TRIBUNAIS DICIDIRÁN O PXOM

A nova xerente de urbanísmo dá por seguro que non será necesario expor outra vez o texto urbanístico.
.
O alcalde xunto coa edil e a nova xerente de Urbanismo, Carmela Silva e Julia Chamosa, ultimaron onte as medidas que adoptará o Concello para que antes de finais de ano poida estar aprobado o novo Plan Xeral.
De momento, Chamosa deixou onte claro que os informes que manexa consideran que non é necesario expor de novo ao público o documento urbanístico tras os cambios que se introduciron e os que se aplicarán ao longo dos próximos meses para elevalo á Xunta.
Esta é unha decisión crucial xa que unha nova exposición púlica atrasaría moitos meses, quizais anos, o momento da súa entrada en vigor. Para Chamosa nin sequera a introdución dun 40% do solo destinado a vivenda protexida en toda a cidade obriga á exposición.
Nestas semanas o novo goberno xa deu instrucións xenéricas ao equipo redactor para iniciar a reforma e nos próximos días trasladaránselle de xeito concreto. Cabe recordar que no anterior mandato os responsables de Consultora Galega estimaban que chegar ao 40% de vivenda protexida suporía tombar o Plan Xeral ao botar por terra o seu equilibrio económico e financeiro.
Doutra parte, anticipou que dentro de poucos días reunirase coa conselleira de Política Territorial, María José Caride, para planificar a conclusión dos traballos do texto urbanístico. Este acordo é básico xa que en última instancia a aprobación do novo Plan Xeral é competencia autonómica. O alcalde deu por sentado que haberá colaboración estreita por amba-las partes.
O SR. CABALLERO, CARMELA SILVA E JULIA CHAMOSA, NON SABEN O QUE TEÑEN ENTRE MANS, DAN A IMPRESIÓN DE QUE NA VIDA VIRON UN PLAN XERAL DIANTE DELES. CO TEMPO, XA VEREMOS QUEN TEN A RAZÓN NOS TRIBUNAIS, E O SR. ALCALDE, TERÁ QUE DAR MOITAS EXPLICACIÓNS, TANTO A CIDADANÍA, COMO A OS COLECTIVOS E PERSOAS, PERXUDICADAS POLO PXOM.
NOVAMENTE O SR. CABALLERO, SIGUE COMO O PP EO BNG NAS ILEGALIDES, E ESTÁ AO DITAME DO BLOQUE (PAI DO PXOM ILEGAL DE VIGO), DE OUTRO XEITO, NON PODE GOBERNAR. ¿QUE LLE DIRÁ AS PERSOAS, COLECTIVOS E A SEÚ PROPIO PARTIDO UNHA VEZ COS TRIBUNAIS TIREN POR TERRA O PXOM? ¿VOLVERÍA A ENGANAR A CIDADANÍA? ¿TERÍA CREDIBILIDADE O PSOE?. BAIXE DA NUBE, SR. CABALLERO E POÑASE A TRABALLAR SEN PENSAR O QUE POIDA DICIR O BNG.

Ningún comentario: