venres, 14 de setembro de 2007

RESOLUCIÓN DA XUNTA SOBRE (AAE)


Resolución de 10 de setembro de 2007, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, pola que se establecen os requisitos para declarar a inviabilidade do sometemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vigo ós tramites previstos no artigo 7 da Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente
.
Examinada a solicitude do 26 de setembro de 2006, con rexistro de entrada nesta Consellería 19.150, feita por Dna. Corina Porro Martínez en calidade de Alcaldesa-Presidenta do Concello de Vigo na que solicita a declaración de inviabilidade do sometemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vigo (en diante PXOM) ós trámites previstos no artigo 7 da Lei 9/2006 do 28 de abril son os seus
.
1. ANTECEDENTES DE FEITO
-
1.1. Con data 20 de outubro de 2000 acordouse en Pleno do concello de Vigo proceder á elaboración dun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal.
.
1.2. Con data 26 de abril de 2001 acordouse en Pleno do concello de Vigo a aprobación dos pregos de prescricións técnicas e cláusulas administrativas particulares para a contratación da asistencia técnica para a redacción do PXOM do concello de Vigo.
.
1.3. Con data 24 de setembro de 2001 acordouse en Pleno do concello de Vigo a adxudicación do concurso para a contratación da consultoría e asistencia técnica de revisión do PXOM de Vigo á entidade mercantil “Consultora Galega SL”, asinándose o contrato con data 5 de outubro de 2001.
.
1.4. Con data 8 de novembro de 2001 o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo acordou aprobar o programa de traballo do PXOM presentado por Consultora Galega SL con data 31 de outubro de 2001.
....

Ningún comentario: