xoves, 11 de outubro de 2007

O BNG SEGUE MENTINDO

O PSOE reta ao Bloque a aclarar «se non quere pisos baratos na cidade»
.
Carmela Silva insiste en reservar un 40% do solo da cidade para a construción de vivenda protexida
.
Carmela Silva: "É imposible aprobar o PXOM e logo incluír máis vivenda social en zonas elitistas".
A concelleira e a xerente de Urbanismo, Carmela Silva e Julia Chamosa, acompañados polo portavoz socialista, Carlos Font, reiteraron a determinación do PSOE «de cumprir o pacto de goberno, onde figura a inclusión do 40% de pisos protexidos sen ningunha dúbida nin interpretación posible. Isto ten que facerse agora xa que logo de aprobado o Plan Xeral (como propuña o BNG) iso non sería posible en 60 ámbitos que contan con ordenacións detalladas». Estes ámbitos son os máis «elitistas» da cidade, en palabras de Silva, e entre eles atópanse algúns tan coñecidos como Beiramar, Samil, Barrio do Cura, Cabo Estai, Beiramar, Alcabre, «e nós desexamos que sexa en todos».
.
Réplica ao BNG:
Carmela Silva, Estraña que todo xurda tras o que dixo un promotor: A edil enfocou desde o principio a súa comparecencia de réplica ao Bloque nos ámbitos máis valiosos de solo, e achacou a orixe da polémica ás declaracións de Valery Karpin, sen citar ao ex futbolista e promotor. Este advertira de que o seu proxecto para o Barrio do Cura será "inviable" co 40% de vivenda social. Non entendo tanta preocupación", deixou caer, sen dar máis detalles
.
«Se o BNG non ten información, débese a que Elena Maure non acode ás reunións»
Carmela Silva: Para que non xurdisen problemas quedamos Elena Maure, responsable de urbanismo no Bloque, e eu en manter reunións os luns ás cinco da tarde. Non se celebraron por que Maure non acudiu.
.
Os socialistas esgrimen os cambios de Beiramar como exemplo de que o PXOM non é intocable.
A polémica xerada no seu momento pola elevada edificabilidade que o Plan Xeral concede a amplas zonas da cidade provocou un cambio nunha das máis emblemáticas. A iniciativa do Bloque, o ámbito de Beiramar contemplou a eliminación duns dos edificios de dez alturas e a redución de 20.000 metros cadrados de edificabilidade. Esta modificación foi utilizada onte por Carmela Silva para xustificar a inclusión do dobre de espazo reservado a vivenda protexida, algo que evidentemente reduce a rendibilidade económica da promoción inmobiliaria.
.
(BNG) Os salvapatrias, os salvadores do pobo oprimido, seguen a mentir sobre o PXOM, e non queren vivendas socias para os traballadores, só pensan en enriquecer a os promotores e deixar paso a os especuladores ¿que interese ten o BNG?, ¿son de verdade os salvapatrias e defensores do pobo oprimido?
.
(BNG) Safe the mother countries, the rescuers of the pressed town, follow to lie on the PXOM, and they do not want houses socialess for the workers, single they think about enriching to the promoters and opening the way to the speculators ¿that interest has the BNG? , ¿is really saves mother countries and defenders of the pressed town?

1 comentario:

Anónimo dixo...

¿Alguien sabe porqué ya no funciona el blog de Santi Domínguez? ¿ya no interesa la opinión de los ciudadanos? habían avisado de que esa página tomaba agosto de vacaciones, y duran y duran...¿Y la transparencia?