venres, 19 de outubro de 2007

PROMOTORES E OUTROS, CONTRA O POBO

Abel Caballero acusa ós promotores de desprezar o dereito á vivenda

.
O alcalde califíca de "intolerable" a visión dunha cidade sen o 40% de solo para pisos con protección ...


O Bloque insiste en aprobar o plan este ano



.Lonxe de sentirse censurado polos presidentes da Confederación de Empresarios de Pontevedra, da Cámara de Comercio, do Club Financeiro e da Asociación de Promotores Inmobiliarios de Vigo (APROIN) polo atraso na aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, o alcalde, Abel Caballero, asegura que a cidade non deu crédito ás críticas á revisión do documento para que o 40% do solo sexa para vivendas de promoción oficial. Asegura que non parou de recibir chamadas de apoio ante as críticas da patronal pola desinversión que se rexistra na cidade olívica ao estar en xestación desde fai seis anos o plan de urbanismo.
Para as afirmacións dos principais interlocutores económicos de Vigo reflicten o seu "desprezo" polo dereito constitucional a unha vivenda de prezo alcanzable. Afirma que ao acusar de capricho a proposta de duplicar o solo para construír pisos de promoción pública, os empresarios deixaron ás claras "unha forma intolerable de entender a cidade".
Comina aos empresarios a que "mediten o que din" e a moderar as súas expresións por asegurar que "teñen á cidade indignada".
Tras indicar que non recorda en Vigo un "feito tan grave", acusa aos empresarios de padecer amnesia sobre a Lei do Solo, que determina a reserva do 30% do solo para construír vivendas para as persoas con menos recursos fronte ao plan actual, que contempla o 22%. Indica que o custo actual do metro cadrado de solo en Vigo garante a viabilidade do compromiso que adquiriu ante todos os vigueses de ampliar a construción de pisos de promoción pública.

Dinamizar a economía

Fronte a estas afirmacións, a edil nacionalista Elena Moure revalidou as afirmacións da patronal no relativo á urxencia de aprobar o plan para dinamizar a economía de Vigo. Tras afirmar que o "importante" é que o documento sexa aprobado antes de finalizar o ano, afirmou que o goberno non informou aos grupos sobre os traballos de revisión das distintas zonas para pasar do 22% de vivenda de protección ao 40% que os nacionalistas tamén defenden sempre que se respecte o prazo fixado no pacto de goberno. Neste escenario a concelleira de urbanismo, Carmela Silva, presentou un informe xurídico de Luciano Parello que garante a seguridade xurídica dos cambios.

Ningún comentario: