sábado, 27 de outubro de 2007

NOTA DE PRENSA










Nota de prensa 26 outubro 2007
.
Sen avaliación ambiental estratéxica é imposible aprobar legalmente o PXOM de Vigo
. .
Se non hai motivo, non hai decisión motivada, e se non hai decisión motivada a consellería de Medio Ambiente incumpre a lei ao deixar patente a súa intención de outorgar a declaración de inviabilidade (da avaliación ambiental) unha vez se corrixan algúns defectos do PXOM.
Porque a resolución da consellería anticipa unha resposta favorable á petición de inviabilidade e non motiva a súa decisión; máis ben desmotiva para seguir confiando na Administración.
O ditame xurídico, que hoxe presentamos a ós medios de comunicación e a opinión pública, presenta probas concluíntes de que non existe, a día de hoxe, razón de feito nin de dereito que poida xustificar o non sometemento do Plan ao procedemento de Avaliación Ambiental Estratéxica; e que os principios inspiradores da lexislación ambiental e a ausencia de impedimentos para realizar a devandita avaliación, son motivos suficientes para que a Consellería de Medio Ambiente decidise, con independencia e no exercicio da súa función específica de defender o medio ambiente e promover o desenvolvemento sostible, a non inviabilidade de someter o PXOM de Vigo a avaliación ambiental estratéxica.
A Consellería de Medio Ambiente fuxindo de considerar a preceptiva e xustificada necesidade de avaliación (non inviabilidade), reduce a súa resolución sobre a inviabilidade a un informe sectorial compracente co documento do PXOM de 19 de maio de 2006.
Así, o conselleiro de Medio Ambiente Sr. Vázquez, suprime do seu informe un parágrafo comprometedor para o Sr. Caballero; incumpre, ao resolver a petición de inviabilidade, a lei de Avaliación Ambiental Estratéxica, e aumenta, co seu proceder, a inseguridade xurídica do Plan. Ambos, conselleiro e alcalde, promoven, conxuntamente, a insostenibilidade en Vigo, e búrlanse dos vigueses.
Hoxe a administración máis próxima ao cidadán non é a administración local, nin, tampouco, a autonómica. Hoxe a administración máis próxima ao cidadán é a administración de xustiza. E aos tribunais recorrerán Alternativa Veciñal e Outro Vigo é Posible para denunciar as ilegalidades do PXOM de Vigo e o incumprimento do deber de cumprir e facer cumprir a lei da Conselleria de Medio Ambiente e da Xunta de Galicia.
Finalmente dicir que se entregarán por rexistro xeral, exemplares do ditame dirixidos ao Sr. presidente da Xunta de Galicia, conselleira de Política Territorial, conselleiro de Medio Ambiente, Sr. Alcalde de Vigo e concelleira de Urbanismo.
.
Asdo. Alternativa Veciñal – Outro Vigo é Posible

Ningún comentario: