venres, 16 de novembro de 2007

EL HIPÓCRITA DE ABEL CABALLERO



"Levamos seis anos esperando esta foto. É un día feliz", proclamou o alcalde mentres exhibía ante as cámaras o lapis informático, que recibiu de mans da administradora única de Consultora, Maribel González.
Secundábana os responsables económicos do Plan, Joaquim Clusa e Sara Mur; o arquitecto coordinador, Javier Oleiro; o socio maioritario, Andrés Piñeiro; e o técnico Brais Penela.
.
Tramitación final
.
O rexedor, que eloxiou o traballo de Consultora, anunciou que entregaría pola tarde ao BNG, o seu socio de goberno, unha copia do Plan. En principio ía facelo o luns, ao atoparse en Liverpool estes días o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, por un acto do Desafío Atlántico de Grandes Veleiros. O Bloque con todo, demandou onte o Plan e afirmou que llo facilitara
.
"Pode haber mañas que nos fagan volver ao urbanismo de 1993, con inseguridade xurídica e falta de confianza dos investidores e os cidadáns", sostivo Figueroa, quen advertiu de que o bipartito "pode levar o Plan Xeral a unha ruela sen saída".
.
A pesar de que Abel Caballero evitou onte calquera comentario sobre o terreo destinado a vivenda protexida, asegurou que a Xunta aprobará o documento de inmediato. Esta afirmación foi cuestionada pola portavoz do PP, Corina Porro, quen asegurou non entender «como pode falar en nome doutra administración á que nin sequera enviou o documento».
A dirixente popular empregouse a fondo para cuestionar o traballo realizado nestes tres meses para modificar o PXOM, labor do que a oposición di non saber nada. Ao seu xuízo «é un labor oscurantista realizada entre tebras». Con todo, o que non perdoou é a seguridade de que a Xunta aprobarao con rapidez e sen pór problemas.
.
Definición de hipócrita (Abel Caballero)
.
En castelán hipócrita é o que deliberadamente e como hábito pretende ser bo cando sabe que non o é. Pero o termo mesmo é unha transliteración do gr. hypokriteµs, que en xeral significaba actor teatral. Aínda que no gr. eclesiástico adquiriu pronto o seu significado moderno, parecería imposible demostrar que no ss. I d.C. tiña este sentido.

Ningún comentario: