mércores, 21 de novembro de 2007

O FRUTO DO PXOM

INCUMPRIMENTOS DO PXOM
.
Abel Caballero recoñeceu que quedan intactos todos os temas nos que os socialistas apontoaron a súa campaña electoral contra do PXOM aprobado por PP e o BNG, ao non cambiar nin a proposta da nova rolda, concibida como un viario similar a Gran Vía, nin as previsións das edificacións en altura así como na densidade de edificabilidade. "Non podemos realizar este tipo de cambios porque variariamos substancialmente o PXOM e atrasaríase un ano a súa aprobación". Asegura que se vive un "cambio histórico" en Vigo.
.
Como era de esperar, non cumpriu o prometido no anterior período electoral " o 40 por cento en "todos" os ámbitos de Vigo. Ao final resulta que das 379 fichas reformadas do PXOM, 110 non chegan ao anunciado 40 por cento. Unha palabra é unha palabra. Xa haberá tempo de asignarlle a culpa a outros.

O tenente de alcalde de Vigo, Santiago Domínguez, advertiu hoxe de que a súa formación, o BNG, non apoiará un Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) se este non conta co respaldo e o consenso de todos os axentes sociais e políticos da cidade. Domínguez afirmou que o seu grupo municipal «traballará» para que o documento urbanístico, que sufriu diversas modificacións, sexa apoiado por todas esas forzas, incluída a oposición.

A portavoz do PPdeG, Corina Porro, criticou que os socios do bipartito incumpran» o pacto de gobernabilidade que recollía que o 40% de solo do PXOM reservaríase a vivenda protexida, dado que agora hai zonas da cidade que non alcanzan esa porcentaxe. «Están enganando á cidadanía», subliñou Porro, quen non desvelou que posicionamento terán os populares no pleno municipal de aprobación do documento porque, dixo, deberán estudalo. Lamentou que o alcalde, Abel Caballero, queira ser o «salvador» en Vigo das política sociais, ao incluír ese 43 por cento de vivenda protexida na maioría de ámbitos do PXOM, aínda que non en todos. Tamén criticou que as grandes prexudicadas polos últimos cambios do Plan son as parroquias.

1 comentario:

javier sieiro dixo...

Me parece importante vuestro trabajo pero como casi siempre sin resultados prácticos. En mi opinión lo que se debe es actuar más consistentemente con denuncias concretas. Que Vigo queda al albur de unos pocos es cosa sabida hace ya mucho tiempo y tuvmos la oportunidad en las pasadas elecciones de crear algo diferente y más acorde con el sentido común y el respeto a la Ley, pero, como casi siempre, seguimos desunidos y7 " a verlas vir". Ahora tenemos el resultado del engaño de todas las promesas electorales y vemos como siguen mandando y mangoneando los poderosos (?) porque nosotros les dejamos.Gracias que aL MENOS SE PELEAN ENTRE ELLOS y nos marcan el camino de los recursos.
Tranquilidad y uso de la legalidad que aún se tiene mucha tela que cortar antes de que nos destrocen la ciudad.
Saludos.
Javier Sieiro.