venres, 7 de decembro de 2007

A MENTIRA VÍSTESE DE INTERÉS XERAL

NOTA DE PRENSA
.
En xullo de 2006, foi aprobada por unanimidade do Pleno da Corporación Municipal de Vigo unha moción consensuada cos veciños afectados pola depuradora.

O contido deste acordo presupuestaba obras para mellorar o funcionamento da depuradora sempre avaliado polos técnicos pertinentes.

Catro meses máis tarde, en plena pre-campaña das municipais co PXOM e os terreos da nova depuradora como cabalo de Troia para sacar tallada electoral, PP, PSOE e BNG ou mellor dito Corina, Caballero e Domínguez, invocando "interese xeral", agárranse como a un clavo ardendo á solución que coidan terá menor custo político e eletoral, pasándose pola entreperna o que fora xa votado e aprobado no pleno, por eles mesmos meses antes.

A solución para eles, é desfacer a actual depuradora "preto de 6.000 millóns de pesetas invertidos", diñeiro de tod@s, é construir no mesmo sitio unha gran macrodepuradora. Non sabemos en que espazo, se invaden e reducen aínda máis a Xunqueira do Lagares, se se expropian ás xentes que viven na zona, ou as duas cousas ó mesmo tempo. Tampouco sabemos que van facer cos verquidos que van á actual depuradora mentras duren as obras.

Para chegar a tomar esta decisión, fálannos de consenso. ¿Consenso entre quen? Mentira! O que sí houbo, foi reparto da tarta electoral entre tres: Domínguez, que estaba fora de xogo e quería protagonismo a calquera prezo. Corina, sacar da man unha pataca quente, e Caballero, non ter compromisos no caso de ser él o alcalde, para aprobar o PXOM, xa con ubicación da depuradora.

Por certo, señor Caballero, o PXOM non lle valía e era moi malo antes das eleccións. Agora, case que o mesmo, xa lle vale. ¿Onde queda a oposición e o traballo razoado de Mauricio Ruiz? Ou só era para usar os colectivos de afectados que lle votaran para deixalos despois tirados?

Véndennos a mentira da macrodepuradora en Coruxo decíndonos que non hai outro sitio, cando todo o mundo sabe que hai outras alternativas. Ben é certo tamén que onde viven os ricos non se quere vivenda social nin depuradoras. A súa merda que a cheiren outros.

Entre outras alternativas, existe a construción de minidepuradoras coa paulatina separación entre pluviales e fecais (sempre en espazos reservados co menor impacto ambiental) o longo da cunca do Lagares.

Vigo está en deuda coas xentes que viven arredor da depuradora. Levamos máis de 10 anos sufrindo. Chegou a hora de reparar esta inxustiza. Somos solidarios coa cidade e coa Ría. Falamos de compensar @s afectad@s, pero non con cartos, como algúns pensan. O que pedimos alto e claro é o dereito de vivir dignamente nas nosas casas, así como á recuperación integral dun espazo único como é a Xunqueira de Lagares.
José Antonio Fernández Pérez, portavoz da comisión veciñal de afectados pola depuradora

2 comentarios:

Anónimo dixo...

me parece moi ben o que facedes, e bou as vosas mani. pero me parece moi mal que non beñades as da macrodepuradora en coruxo

Anónimo dixo...

Estimado Antonio, tu que eres de "otra escuela" sabes que las guerras son largas y requieren de muchos sacrificios y por el camino quedan los que se rinden.

No parar, si os relajais nunca sacareis el mal de la zona, seguir haciendo campaña contra los politicos que mienten sean del color que sean. Salud y suerte para todos y todas

VOLTAIRE - VIGO