xoves, 27 de decembro de 2007

O DESASTRE

Non merece a pena saber quen tiña razón despois do desastre; merece a pena evitar o desastre. (Felipe González)
.
¡Que fácil e tentador é, para un alcalde ou unha maioría nun concello,realizar prácticas antidemocráticas, oírse só a si mesmos e impor!.
.
¡Que difícil é para os cidadáns impedilas ou esixir a súa erradicación!
.
Valedores, Defensores, Fiscais, todos os que xuran ou prometen, todos os que ostentan, orgullosos, postos, cargos, títulos ou cátedras.
.
Todos os que están convencidos da súa intelixencia. Os que son posuidores do prezado tesouro do sentido común. Os demócratas aos que repugnan as tiranías.
.
Todos os cidadáns.
..
Merece a pena evitar o desastre.
.
PXOM DE VIGO

Ningún comentario: