xoves, 20 de decembro de 2007

O PXOM A BRUXELAS

EU denuncia en Bruxelas carencias ambientais do Plan vigués
.
O eurodiputado Willy Meyer reclama ante o Parlamento Europeo que interveñan as autoridades comunitarias
.
Fai un par de anos, a Unión Europea esixiu á Xunta que resolvese con urxencia o problema de contaminación existente na ría viguesa. Incentivou esta demanda coa advertencia de que en caso contrario podería impor unha sanción millonaria. A petición foi tomada moi en serio e provocou un acordo entre o Goberno autónomo e o Concello para planificar a construción dunha nova depuradora.
Baseándose neste exemplo, Esquerda Unida decidiu trasladar a Bruxelas a súa oposición ao novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que se atopa na súa fase final de tramitación logo de máis de seis anos de elaboración. Así, o eurodiputado desta formación, Willy Meyer, presentou unha solicitude formal á Comisión de Peticións do Parlamento Europeo para que as institucións comunitarias adopten «as medidas necesarias para que España respecte a lexislación ambiental pertinente con relación ao PXOM», segundo confirmou onte Esquerda Unida, a rama galega de EU.
Esta formación utiliza os datos fornecidos polas entidades Outro Vigo é Posible e Alternativa Veciñal, ambas as opostas ao Plan Xeral, que estiman que a Consellería de Medio Ambiente permitiu ao Concello de forma inxustificada o incumprimento da normativa europea vixente na materia. A maiores, consideran que a proxección demográfica en que se sustenta «un Plan Xeral desarrollista, a carencia dun estudo de mobilidade sostible e dun mapa de ruídos, fan que adoeza da mínima seguridade xurídica exixible ao documento e que o fagan totalmente inválido». O futuro PXOM contempla as construción de 140.000 vivendas, máis das que existen agora en Vigo, e que a cidade teña en 20 anos 100.000 novos veciños.

Ningún comentario: