luns, 17 de decembro de 2007

POR UN NOVO PXOM


Contra a violencia urbanística
.
Mentres promotores, institucións e Goberno local negocian, os veciños de zonas afectadas polo PXOM, como Alcabre, Oia, Sayans, Freixeiro, Depuradora de Coruxo, O Castro, Salgueira e outros colectivos, tomaron o sabado día 15, unha vez máis as rúas do centro da cidade para deixar ben claro que se o Plan Xeral segue adiante é contra a súa vontade.
.
Grupos ecoloxistas e asociacións como, Verdegaia, Amal, A.C A Revolta, A.C. Caleidoskopio, Bouzas Movete, Foro Social de Cangas, Gas, Loita Verde, Salvemos Monteferro e outros colectivos de cidadáns como Alternativa Veciñal e Outrovigo é Posible, tamén estaban na convocatoria.
.
A manifestación, provocou atascos na zona de Colón, Policarpo Sanz e Urzaiz, xa que a mobilización coincidiu coa hora punta de fin de xornada laboral para moitos empregados do comercio e público en xeral.
.
A manifestación finalizón na Rúa do Príncipe fronte ao Marco, onde leuse un manifesto conxunto elaborado por todos os colectivos asistentes.

Ningún comentario: