martes, 18 de decembro de 2007

O PXOM E OS INVERSORES

O Corte Inglés, se nega a apoyar o convenio urbanístico para construir a sua segunda área comercial, que xeneraría oitocentos empregos.
.
Tres promotores xa comunicaron que desisten dos seus proxectos na cidade olívica, disconformes cos últimos trocos no PXOM.
..
Os grandes investidores inmobiliarios non están dispostos a asumir as novas condicións "impostas" polo alcalde de Vigo. .E por iso, nas últimas semanas decidiron abandonar definitivamente os seus proxectos nesta cidade e así llo comunicou á Asociación de Promotores Inmobiliarios da cidade, Aproin, ao anunciar que se dan de baixa pola inseguridade e polos últimos cambios do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOM).
Ata tres promotores han oficializado esta semana a súa decisión de deixar a cidade. Entre estes destaca O Corte Inglés, que co seu proxecto na parroquia de Alcabre (Cruceiro) construír un segundo centro comercial e a xerar 800 postos de traballo. A confirmación de que a firma desiste do seu proxecto chegou onte a facerse público que é unha das sete que se negou a asinar un convenio urbanístico para construír a nova gran área comercial, que xeraría oitocentos postos de traballo. Miguel Font, xerente de Aproin, anticipou onte que nas próximas semanas darase a coñecer que ata sete grandes grupos tamén desisten dos seus investimentos na cidade olívica.
Tras recibir onte o apoio tanto da Cámara de Comercio como da Confederación de Empresarios de Pontevedra, os promotores inmobiliarios denunciaron que nos convenios urbanísticos asinados "cometéronse irregularidades" moi graves que aseguran que quedarán en evidencia.
Neste escenario, o alcalde anunciou onte que xa están asinados 24 dos 31 convenios urbanísticos, así como 61 ordenacións detalladas, que "demostran o amplo nivel de aceptación".
Entre os acordos cuxos promotores han rehusado asinar, que son os de maior transcendencia polo chan que ocupan, figura o de Álvarez (Cabral) considerada como a maior urbanización de Vigo e con cuxas plusvalías os traballadores ían recuperar o diñeiro perdido pola crise e o peche do grupo ceramista. Os promotores calcularon que o cambio en vivenda de promoción pública provocarían un resultado en negativo de 22 millóns de euros que fai inviable o proxecto inicial.
Tamén se negaron a asinar os respectivos convenios numerosos veciños e propietarios de Samil e de Canido. Ante esta situación, o presidente de Aproin, Javier Garrido, apela ao "sentido común do BNG e de Domínguez Olveira para que non apoie esta desfeita".

Ningún comentario: