venres, 11 de xaneiro de 2008

EXECUCIÓN DE SENTENZAS


A fiscalía de Urbanismo ordena que se derruben as construcións ilegais.
. .
O Tribunal Supremo pretende "evitar sensacións de impunidade"


Ao Sr. Presidente da Xunta de Galicia D. Emilio Pérez Touriño:
Escoite a D. Antonio Vercher, fiscal especial de Medio Ambiente e Urbanismo do Tribunal Supremo, que recomenda medidas preventivas ante un posible dano irreparable sobre a ordenación do territorio.
.
Antonio Vercher, fiscal especial de Medio Ambiente e Urbanismo do Tribunal Supremo, trasladou onte aos fiscais delegados desa materia as conclusións alcanzadas nunhas xornadas celebradas en decembro en Fuerteventura para que se apliquen. Entre elas, figura que os fiscais das seccións de Medio Ambiente e Urbanismo pidan a execución das sentenzas firmes que declaren unha obra ilegal. En concreto, no apartado dedicado a cuestións relativas aos delitos sobre a ordenación do territorio e contra o patrimonio histórico consta: "Insístese na importancia de que se acorde a demolición da obra ilegal no proceso penal para evitar sensacións de impunidade e na necesidade dunha especial vixilancia por parte dos fiscais de Medio Ambiente e Urbanismo das executorias para a efectiva aplicación de dita medida cando así se estableceu por sentenza".
.

Ningún comentario: