venres, 25 de xaneiro de 2008

INFORME DA CONSELLERIA DE CULTURA


A CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTES TAMÉN DEBE INFORMAR SOBRE O PXOM DE VIGO -DO MESMO XEITO QUE A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE- ANTES DE QUE A CONSELLERÍA DE POLITICA TERRITORIAL EMITA A SÚA RESOLUCIÓN FINAL EN NOME DA XUNTA DE GALICIA.

O INFORME DA CONSELLERIA DE CULTURA DEIXA BEN CLARA A DESPREOCUPACIÓN DE CONSULTORA GALEGA POLO PATRIMONIO CULTURAL GALEGO E A AUSENCIA DE CALIDADE DO DOCUMENTO DO PXOM.

TAMÉN QUEDA CLARO QUE,HOXE,UNHA ADMINISTRACIÓN LOCAL PODE SER A MAIOR INIMIGA DO SEU PATRIMONIO NATURAL, HISTÓRICO E CULTURAL.
..
Informe da dirección xeral de cultura:
.
O Director Xeral de Patrimonio Cultural, vistos os informes dos Servizos Técnicos en relación co asunto:
Documento: Plan Xeral de Ordenación Municipal, Fase 6ª, Aprobación Provisional. Concello de Vigo
(Pontevedra)
.
Ámbito: Concello de Vigo
Promotor: Concello de Vigo
Autor: Consultora Galega s.l.
.
Con data de 28 de abril de 2006, ten entrada no Rexistro Xeral da Consellería de Cultura e Deporte (n° de rexistro 5.257) a documentación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, Fase 6ª, Aprobación Provisional, do concello de Vigo, para o preceptivo informe sectorial.
En data 8 de abril de 2005 esta Dirección Xeral emitira informe desfavorable sobre a documentación presentada relativa ó Plan Xeral de Ordenación Urbana "tendo en conta o tratamento incompleto e pouco definido que o Patrimonio Cultural recibe no documento o que non garante unha protección efectiva".
O director xeral de Patrimonio Cultural despois de ter vistos os informes dos servizos técnicos e en virtude das competencias que lle outorga a lei 8/1995, de 30 de outubro, de Patrimonio Cultural de Galicia, a lei 16/1985, de 25 de xuño, de Patrimonio Histórico Español, así como o resto da lexislación vixente sobre Réxime do Solo e Ordenación Urbana, en relación coa protección e conservación do Patrimonio Cultural, estima e emite o seguinte
INFORME
Examinada a documentación da que consta o Plan Xeral de Ordenación Municipal, Fase 6ª, Aprobación Provisional, do Concello de Vigo, e tendo en conta que non se fixeron todas as modificacións propostas no informe desta Dirección Xeral de 8 de abril de 2005, considérase que o documento propón, nalgunhas das súas determinacións, un tratamento inadecuado e incompleto do patrimonio cultural, e amosa a algunhas deficiencias que cómpre corrixir cara á consecución dun tratamento oportuno e compatible coa protección deste patrimonio, que debe orientarse á protección e conservación do mesmo coma parte dos valores tradicionais, os sinais de identidade e da memoria histórica de Galicia, segundo ó establecido na lexislación urbanística e patrimonial en vigor.
Por todo estimase que, dende o punto de vista da conservación e protección do Patrimonio Cultural, o Plan Xeral de Ordenación Municipal, Fase 6ª, Aprobación Provisional, do Concello de Vigo, para acadar o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, o documento para a Aprobación Definitiva deberá recoller todas as consideracións relacionadas no Anexo adxunto ao presente informe, onde se establecen as liñas xerais das omisións e deficiencias atopadas, có obxecto de que se modifique o documento antes da súa aprobación definitiva.
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2007
O director xeral de Patrimonio Cultural
Asdo. Felipe Arias Vilas

Ningún comentario: