luns, 5 de maio de 2008

ESPAÑA NON PROTEXE OS SEUS MARES

España protexe as súas montañas e non os seus mares
.
Case as tres cuartas partes do territorio español por riba dos 1.500 metros contan con espazos protexidos. Tan só o 3% da superficie mariña, pola contra, estáo.

Ademais da escaseza de áreas mariñas protexidas, os humedais e os ecosistemas fluviais e costeiros son os segundos grandes ausentes. Só o 14,3% dos ríos conta con algunha figura de protección, e especialmente negativa é a presenza de espazos naturais no Duero, Guadiana, Júcar, Galicia costa, Tajo e Segura, por debaixo do 10%. Das 48 categorías de protección recollidas na lexislación española, só unha, a reserva fluvial, está dedicada a estes espazos. Entre 1987 e 2000, o 12% dos ríos e o 45% das marismas desapareceron.
Na costa española salienta a ameaza do urbanismo fronte á conservación. O 36% do litoral conta con algunha figura de protección, pero con grandes diferencias entre comunidades. Cataluña e Galicia teñen a metade da súa costa protexida, fronte a tan só o 14% do litoral vasco e o 15% do asturiano.Outro dos ecosistemas pouco representado na rede de parques e reservas é o agrícola, tan só o 10% dos cultivos, a pesar da súa importancia para aves esteparias e multitude de insectos. A maior parte das áreas con protección (64%) corresponde a zonas forestais de coníferas, caducifolios, encinares, mato boscoso e pastizales naturais.

.

Ningún comentario: