venres, 16 de maio de 2008

ESTUDO ECONOMICO DO PXOM DE VIGO

TOMO V – ESTRATEXIA DE ACTUACIÓN E ESTUDO ECONÓMICO FINANCEIRO
.
11. O FINANCIAMENTO GARANTIDO DAS INFRAESTRUCTURAS DO CICLO DA AUGA. PLAN DIRECTOR DE 2006, TARIFAS DE ACUALIA E A DEPURADORA DO LAGARES.
.
Abastecemento de Auga
.
As infraestructuras que permiten asegurar o abastecemento de auga ao crecemento da cidade que o Plan propón, así como a cubrir déficit de zonas consolidadas e, mesmo a medio prazo facilitar subministro a poboacións veciñas.
.
SISTEMA PRIMARIO: Está composto daquelas infraestructuras para a ampliación de novos recursos, aducción e conducción, tratamento de auga potable, rede de distribución en alta e almacenamento. O seu custo total estimado (prezo da contrata sen IVE) é de 162,9 M€ (16,22 €m2 de teito, para a totalidade da edificabilidade potencial do plan de 18.548.270 m2 de teito)
.
SISTEMA SECUNDARIO: 72 km de rede de distribución e 10 depósitos reguladores, cunha capacidade entre todos eles de 108.000 m3. O custo total é de 33,8 M€.
As necesidades de expropiación de solo son practicamente nulas (só 0,2 M€), por tratarse de trazados que discorren por vías públicas.
O financiamento previsto, en función de competencia e compromisos das administracións públicas, das condicións do contrato de concesión do servizo e das cargas de urbanización impostas polo planeamento.
O financiamento maioritario, 87,9 M€ (45% do total do investimento), é o que asume o mercado (100% da rede secundaria máis o 33% da primaria). O estado financia o 50% das obras de ampliación de novos recursos, aducción e conducción ata a distribución en alta, o que supón 25,2 M€ (13% da factura total de infraestructuras de abastecemento). O Concello só terá que financiar o custo do solo (0,2 M€), posto que os investimentos correspondentes, 44,2 M€ (22%), realizaraos a empresa concesionaria con cargo a tarifas.
A programación do total das obras comprende tres cuadrienios e prioriza as infraestructuras para a obtención de novos recursos e as obras de aducción e conducción, así como as redes básicas dos novos desenvolvementos.
.
Infraestructuras de saneamento: Saneamento de pluviais e Saneamento de augas residuais.
.
Saneamento de Pluviais
.
O plan propón un sistema separativo do servizo de saneamento para todos os novos desenvolvementos urbanísticos e a creación dunha rede separativa en áreas consolidadas, co fin de reverter as augas de escorrentía, nos casos que sexa preciso con tratamento previo, aos canles públicos de forma que permita a súa preservación natural e o mantemento da súa capacidade hidráulica. Estas medidas, ademais, permiten dimensionar mellor as infraestructuras de saneamento de augas residuais (colectores e depuradora).
.
SISTEMA PRIMARIO: Comprende basicamente unha importante actuación de protección sobre a rede hidrográfica do río Lagares na zona de Balaídos, a construción dunha rede de colectores primarios de pluviais (36 Km) e a protección de canles existentes (59 km). O seu custo total estimado (prezo de contrata, sen IVE) é de 66,26 M€ (3,68 €/m2 teito, considerando a edificabilidade total do plan de 18.548.270 m2 de teito.
.
SISTEMA SECUNDARIO: comprende a construción dunha rede de colectores de máis de 44 km. O custo estimado é de 58,6 M€.
O financiamento previsto, en función de competencias e compromisos das administracións públicas, das condicións do contrato de concesión do servizo e das cargas de urbanización impostas polo planeamento, son as seguintes:
.
O financiamento maioritario (61%) corre a cargo do mercado mediante cotas de urbanización (toda a rede secundaria e un 27% da primaria) e da empresa concesionaria (31% do total, corresponde ao financiamento dun 59% da rede primaria) que logo repercutiría en tarifas do servizo.
En canto a programación, consideráronse todas as obras de saneamento de pluviais como prioritarias, polo que se programan no primeiro cuadrienio.
.
Saneamento de Augas Residuais
.
A proposta de infraestructuras de saneamento de augas residuais está dimensionada tendo en consideración tamén a construción de redes separativas para recollida de pluviais, de forma que os actuais colectores unitarios pasen a transportar só augas residuais. Concrétase na construción dunha nova EDAR e na rede de colectores primarios e secundarios, tal como se sinala a continuación:
.
SISTEMA PRIMARIO: Nova EDAR do Lagares, ampliación de colectores principais (colector marxe río Barxa Eiras; integración rede de saneamento en Saians e integración rede de saneamento en Teis). En total máis de 13 KM de colectores por gravidade e impulso. O custo total estimado é de 286,2 M€ (orzamento de contrata, sen IVE)
.
SISTEMA SECUNDARIO: Integrado por 49 Km de colectores locais de augas residuais, dimensionado fundamentalmente en función do solo dispoñible urbanizable e urbano non consolidado e non só polo incremento poboacional estimado. O seu costo estimouse en 8,5 M €.
O financiamento previsto, en función de competencias e compromisos das administracións públicas, das condicións do contrato de concesión do servizo e das cargas de urbanización impostas polo planeamento, son as seguintes:
.
O financiamento da construción da EDAR corre a cargo da administración do Estado (45%), da Xunta (45%) e, na parte municipal (10%), pola empresa concesionaria do servizo que o repercutirá vía tarifas. O Concello terá que expropiar os terreos necesarssios, o que se estima en 8,7 M€.
O mercado (cotas de urbanización) financia toda a rede secundaria (8,5 M€), o 70% das ampliacións dos colectores principais e o 20% de renovación da rede de saneamento absoleta en áreas consolidadas.
A empresa concesionaria, ademais do 10% da construción da EDAR, financia o 15% da ampliación de colectores primarios e o 65% da renovación da rede de saneamento en áreas consolidadas. Todos estes investimentos se repercuten despois en tarifas.
A programación do total das obras comprende tres cuadrienios e prioriza a construción da EDAR ( 100% no primeiro cuadrienio), as infraestructuras da rede secundaria (97% no primeiro cuadrienio) e a renovación de redes obsoletas (40% no primeiro cuadrienio e 40% no segundo).
.
Paxinas: da 79 a 86

Ningún comentario: