luns, 30 de xuño de 2008

DÉFICIT EXTERIOR DE ESPAÑA

As maiores importacións elevan o 15% o déficit exterior
.
A economía española é cada vez máis dependente do exterior. A diferenza entre o que España recibe doutros países e o que envía ascende xa a 40.720 millóns de euros. Ese déficit, referente ao período xaneiro-abril de 2008, representa un crecemento do 15,5% respecto ao mesmo período do ano anterior, segundo as cifras publicadas onte polo Banco de España. O maior ritmo de crecemento das importacións (12,5%) fronte ás exportacións (10%) explica en gran medida o desequilibrio.
O Banco de España explica que o déficit comercial crece só en produtos enerxéticos. Tamén aumentan a brecha na balanza de transferencias, que recolle os fluxos de España coa Unión Europea e as cantidades que os inmigrantes envían aos seus países.
O déficit exterior de España é o segundo máis avultado do mundo, tras o de Estados Unidos. Con datos ata marzo, supera o 11% do PIB.

Ningún comentario: