sábado, 28 de xuño de 2008

DIRECTRICES DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO


As Directrices de Ordenación do Territorio (DOT), é un instrumento de carácter global e marco xeral de referencia da política territorial galega. As DOT, segundo salientou María José Caride, "plasman unha vontade política de converter a ordenación do territorio nunha liña estratéxica da acción de goberno". As DOT recóllense en dous documentos. Por unha banda, unha Memoria na que se establecen as estratexias a seguir e o modelo territorial que se desexa. Por outra, e 197 Determinacións que concretan tecnicamente a súa aplicación para acadar unha Galicia máis cohesionada socialmente, equilibrada territorialmente, dinámica economicamente e sostible.
.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
.
As DOT achegan unha configuración e unhas iniciativas territoriais que impulsan o cambio cara unha nova etapa de desenvolvemento e que se sintetizan nos seguintes puntos:
-Potenciar as áreas urbanas e artellar un sistema policéntrico de cidades.
-Definir os ámbitos urbanos para a planificación das súas infraestruturas, equipamentos e servizos de xeito que se optimice o seu desenvolvemento.
-Consolidar unha rede de vilas que sirvan de base dende a que facilitar servizos a todo o territorio.
-Planificar infraestruturas e equipamentos con criterios supramunicipais e xerarquizados para que articulen e reequilibren todo o territorio.
-Proporcionar criterios para elaborar Plans e Proxectos Sectoriais así como Plans Territoriais Integrados.
-Poñer en valor a paisaxe e o patrimonio con estratexias que modernicen as zonas rurais con novas actividades que xeren empregos de calidade e axuden a fixar poboación.
-Xestionar o litoral como un ámbito de excelencia territorial finito, diverso, atractivo e de calidade.
-Integrar Galicia nos ámbitos líderes en Europa aproveitando a nosa localización singular na fachada atlántica.
-Consolidar a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como polo de desenvolvemento no noroeste peninsular.
.

Ningún comentario: