luns, 16 de xuño de 2008

MANIFESTACIÓN DEPURADORA


Afectados pola depuradora de Vigo saen á rúa para mostrar a súa oposición á nova planta
.
1.000 veciños do contorno da depuradora viguesa do Lagares, manifestáronse onte polas inmediaciones da actual planta para protestar pola construción dunha nova estación de tratamento de augas no mesmo lugar.
.
Os manifestantes profirieron berros contra as distintas Administracións pola forma en que están levando o tema, sen apenas información. Reprochan que está máis que demostrado que ese non é o lugar idóneo para unha construción dese tipo. «Se é tan boa, que a leven para a Moncloa, se non fai dano, que a leven a San Caetano», foi consígna máis coreada.
.
Ao termo da marcha, dous estudantes da zona leron un manifesto na porta do colexio público e do instituto Carrasqueira, cuxos directores sumáronse esta mesma semana ás denuncias pola construción da nova planta ao sufrir nas súas propias aulas os hedores da actual.
.
Os afectados aducen que a nova depuradora vulnera a Lei de Costas e o Regulamento sobre Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas (Raminp) e agrede un espazo natural como é o humedal e a xunqueira do Lagares.

Ningún comentario: