sábado, 14 de xuño de 2008

INVOLUCIÓN DEMOCRÁTICA

«A disolución do Ministerio de Medio Ambiente é unha involución democrática vergonzosa»
.
Para Pedro Arrojo, a desaparición do Ministerio de Medio Ambiente como tal neste novo mandato «é unha involución medioambiental e democrática vergonzosa. Na práctica foi disolto. Substituírono polo Ministerio de Agricultura cambiado de nome. Nos sectores que traballamos polo medio ambiente hai consternación».
.
-¿Por que cre que pasou?
.
-Ninguén o entende. Non cadra co perfil político do presidente Zapatero. É unha contradición co feito de que un dos tres grandes eixes da súa política sexa o ambiental... mentres Sarkozy, a dereita, amplía en Francia as competencias do seu ministerio, en España un Goberno de esquerdas nos retrotrae a tempos anteriores á primeira presidencia de Felipe González.
.
-Coa saída de Cristina Narbona, dá por perdido ao Goberno para a causa.
.
-Narbona era a primeira ministra que entendía de medio ambiente. Pelexaba por iso como fixese unha ministra en Suecia ou Alemania, onde iso é normal. Aquí suscitou reaccións potentísimas non só nos sectores enfrontados a determinada política medioambiental, senón tamén en sectores dentro do propio PSOE que entendían que esas políticas facíanlles perder votos. É un erro, é non entender que un sector importante da poboación ten xa unha sensibilidade ecoloxista e xera un voto de apoio, máis ou menos difuso, aos Gobernos que abordan eses problemas.
.
-¿Como vai responder o movemento ecoloxista?
.
-Imos ter que volver á movilización, como nos peores tempos do señor Aznar. E dígoo con todo a dor do meu corazón.

Ningún comentario: