venres, 11 de xullo de 2008

A DEPURADORA DE OURENSE

O Concello deberá demoler a depuradora de Reza nun prazo de 10 meses ou será multado
-
Un auto do Contencioso-administrativo nº 1 de Ourense abre tamén a vía á responsabilidade penal.
.
O Xulgado do Contencioso-Administrativo 1 de Ourense acaba de emitir un auto no que insta ao Concello a executar nun prazo de 10 meses a sentenza que ordena a demolición da depuradora de Reza, todo iso con apercibimiento expreso de que de non ser así se lle imporán multas coercitivas que poden oscilar entre os 150,25 euros ata os 1.502,53 euros, ademais de abrir a vía a posibles responsabilidades penais. Desde o Concello aseguraban onte que 'é máis do mesmo'.
Dez meses, nin un máis nin un menos. É o prazo do que dispón o Concello de Ourense para dar cumprimento 'total e efectivo' á sentenza do Contencioso-Administrativo 1 de Ourense (2003), ratificada posteriormente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (2006), sobre a depuradora de Reza. Isto é, para proceder á súa demolición.
Así o explicita o auto que acaba de emitir o xulgado ourensán e que deriva da petición de execución da sentenza solicitada polo letrado José Luís Brea Sanmartín en nome e representación dun dos veciños afectados. Ademais, na executoria, na que se recolle expresamente dar conta ao 'señor alcalde-presidente do Concello de Ourense', apercíbese á institución municipal de que se nese prazo, improrrogable, non procede á súa demolición imporánselle multas coercitivas que poden oscilar entre os 150,25 euros ata os 1.502,53 euros e que irán sucedéndose ata a completa execución do fallo xudicial.
..

Ningún comentario: