xoves, 10 de xullo de 2008

PLAN DE PORTOS DEPORTIVOS

Plan de portos deportivos galego: 30.000 razóns para opoñerse
.
A mediados do ano pasado Portos de Galicia presentaba o Plan Director de Náutica Deportiva que establece as directrices a desenvolver nesta materia ata o ano 2020. Do mesmo xeito que noutras rexións costeiras como Andalucía, Cataluña ou a Comunidade Valenciana, o plan galego expón un forte crecemento de amarres, pasando dos actuais 11.658 a 31.000. E, de igual xeito, pasa moi de puntillas sobre os impactos ambientais negativos que provocará sobre o litoral.
Para triplicar o número de atraques, Portos de Galicia expón a construción de 6.115 prazas ata 2010, aumentando nun 50% a oferta actual. Para o período 2010-2015 expón 5.115 novos amarres e crear outros 6.431 máis entre 2015 e 2020.
O Plan establece a posibilidade de realizar un total de 123 actuacións en 71 portos distintos, nos que se investirán 400 millóns de euros. O 36% das actuacións suporían ampliacións de instalacións xa existentes, un 31% conseguiríase reordenando as actuais dársenas, un 24% serían mariñas secas para almacenar as embarcacións en terra e o 9% restante consistiría na racionalización e reordenación dos polígonos de fondeos. A única boa noticia é que non se destruirán novos tramos de costa para construír máis portos que sumar aos 126 existentes.
As razóns para opoñerse ao citado Plan son tan evidentes como numerosas e tanto os grupos ecoloxistas como diferentes colectivos de pescadores mostraron o seu rexeitamento á proposta. Unha sinxela comparación pon de manifesto a esaxeración das cifras do plan. Galicia presenta unha porcentaxe dez veces superior ao de Italia, que ten dez veces máis costa que Galicia, de embarcacións deportivas por amarre e seis veces superior ao de Francia, o país europeo con maior número de embarcacións de recreo. Fronte a estes países, onde se produciu unha forte aposta por non aumentar os amarres aínda que o faga o número de barcos, Galicia aposta por unha práctica moito máis insostible.
Resulta incomprensible que a Xunta non teña en conta os impactos ambientais negativos que terá a construción de novos amarres. Especialmente preocupantes son os espazos de titularidade pública que perderán toda a súa riqueza natural, algo que terá un impacto directo sobre o turismo que goza das praias e sectores como a pesca e o marisqueo que supón 20.000 empregos directos e son responsables do 10% do Producto Interior Bruto galego.
.
Greenpeace

Ningún comentario: