venres, 18 de xullo de 2008

PERDA DE BIODIVERSIDADE

ENTREVISTA - MIGUEL DELIBES
.
"O cambio do uso do solo está provocando a perda de biodiversidade"
.
Exemplares como o urogallo dos Ancares extinguiranse polo cambio global
.
Denuncia que o medio ambiente relégase a épocas de bonanza.
.
Investigador do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), as súas obras conteñen argumentos estritamente ambientais. Durante a súa participación no curso Cambio Global: máis aló do Cambio Climático, organizado en Santiago pola Universidade Internacional Menéndez e Pelayo (UIMP), apostou pola concienciación desta problemática para darlle o lugar que lle corresponde.
.
- Cales son os compoñentes do mencionado cambio global? - Un deles refírese a que a transformación do uso do solo é probablemente agora o mesmo responsable da perda de biodiversidade no mundo. Con ésto refírome á perda de bosques, bosques tropicais, a contaminación costeira, e a fragmentación dos hábitats. Outro aspecto do cambio global ten que ver cos ciclos do carbono e do nitróxeno.
- A chegada doutras especies foráneas tamén é un signo inequívoco deste cambio global, non?.. - Si, e fano seguindo o clima. É o caso dalgúns exemplares que proveñen de África e que xa se instalaron na península Ibérica. Ademais, existen outros síntomas como o cambio de ciclo de vida, a floración anticipada das árbores e a caída da folla. No caso dos animais, destacan aqueles que evolucionan a escalas máis curtas de tempo, como os saltamontes. Fai anos, estes insectos herbívoros non tiñan ás e agora si, o que lles permite viaxar máis lonxe para seguir a pegadas do clima, mentres que os que se adaptan peor están abocados a desaparecer. O exemplo tópico é o oso polar.
- Que consecuencias traerá a chegada masiva de especies exóticas a zonas onde non se dan? - Un aspecto do cambio global, como dixen, é que cada vez hai menos biodiversidade de vida, o que orixina un empobrecemento da mesma. Doutra banda, á súa vez prodúcese unha homogenización, feito que trae consigo que as especies complicadas extínganse.
- Respecto de Galicia, que especies galegas tenderán a desaparecer co paso do tempo? - O razoable é que o fagan aqueles exemplares que ten un límite meridional de distribución no mundo, é dicir, as especies norteñas como o urogallo dos Ancares, polo que gañarán terreo as mediterráneas.
- Que relación vincula os incendios co cambio global que todo o mundo está percibindo? - Aparte de ser unha consecuencia do mesmo, tamén están vinculados a outros globais, como pode ser o abandono do campo. Un informe publicado afirmaba que con máis de 30 graos centígrados e unha humidade inferior ao 30 por cento é difícil extinguir un lume, e no verán existen moitas posibilidades de que se dean esas circunstancias.
- Cre que a sociedade está sensibilizada como para mitigar os efectos negativos do cambio climático? - Na actualidade existe sensibilización, pero non a suficiente. Deberiamos ser máis esixentes coa clase política e as empresa para impulsar outro tipo de comportamento.
- Pero melloramos respecto de épocas anteriores... - Depende de como se analice. Se o facemos desde o punto de vista global, pódese dicir que estamos moito mellor que antes, pero a unha escala máis pequena aínda queda moito por facer. No cume de Estocolmo no ano 1972 xa se lle daba unha importancia seria ao problema ambiental, o que pasa é que agora ven as cousas moi diferentes. Se ésto fixéramolo nos primeiros 30 anos do século XXI, o panorama para o ano 2030 sería máis positivo.
- A nivel global, onde radica o problema das políticas ambientais? - En xeral danse pasos importantes, pero o proceso de implantación destas medidas é lento. O escollo principal é que existen medidas previstas en marcha, pero ao final non se aplican. Fai falta unha reflexión colectiva e vontade de afrontar o conflito sendo conscientes de que vai ser difícil.
- Non pensa que no momento actual o medio ambiente quedou relegado nun plano inferior? - Nestes momentos de crises, si é verdade que o problema do medio ambiente pasou a segundos termos. Iso preocúpame porque dá a impresión de que só sexa posible falar dela en época de bonanza.

1 comentario:

Anónimo dixo...

VERTIDOS FECALES Y MEDIO AMBIENTE

Voltaire-Vigo


Muy acertado tu escrito estimado anónimo, yo recuerdo esa sentencia y la tengo traspapelada y dices bien cuando te preguntas porque aquí no pasa nada, NO DIMITE NADIE, nadie va a la cárcel y se queda inhabilitado para volver ocupar un CARGO PUBLICO el resto de su vida. Pero es que ase fase europea, al igual que la de los derechos y salarios, todavía no llego a nuestro país, de momento solo estamos integrados en el PAGO DE IMPUESTOS. Esta muy claro y como esto es un compadreo entre poderes públicos donde todos COMPARTEN MANTEL, tendría que darse el caso de un juez que quisiera ejercer como tal y por lo que le pagamos y al igual que ejercen cuando se trata de un ciudadano de a pie, sin necesidad de convertirse en ESTRELLA, pero claro, eso estaría muy mal visto por el resto del “gremio” y le vería con muy malos ojos la “CASTA POLÍTICA”
Y no solamente tendrían que INHABILITAR AL ALCALDE, sino que también a la concejala de medio ambiente (Por cierto, alguien sabe por donde anda o a que se dedica, ¿Estará ya trabajando para el PP?) Y al INUTIL CONCEJAL DE SEGURIDAD, (Ese que abre un expediente a un policía por cumplir con su deber) Por la vergonzosa escena de ciudadanos bañándose en aguas con restos fecales (Claro, la playa contaminada no era la que tiene a pie de su chalet) Y por permitir la contaminación acústica y medio ambiental de los AVIONES MILITARES que llevan toda puta tarde surcado los cielos de la ciudad más lo que nos espera mañana y el domingo y por encima pagado con fondos públicos ¡¡Más circo!!

Ya se que algunos pensaran que el Domingo, acudirán miles de ciudadanos a ver el “espectáculo” aunque para espectáculo el de la vez anterior cuando se precipito un helicóptero de la GUARDIA CIVIL al mar. ¿Y si llega a caerse entre el publico, estarían celebrándolo otra vez? Además yo que soy muy mayor, ya aprendí aquello de que 5.000 moscas comiendo en un monte de mierda, no se pueden equivocar, ¡¡COME MIERDA!! Yo NO.


ELECCIONES EN MARZO

LISTAS ABIERTAS YA, mientras tanto VOTA EN BLENCO