mércores, 13 de agosto de 2008

NOVO PXOM: PRAZA DE ESPAÑA


Caballero asina o convenio de praza de España ao que o PSOE opúxose
.
Os socialistas rexeitaron o impacto das catro torres de 21 alturas, tres delas en zocalo para centro comercial.
.
Dunha gran rotonda a unha praza de 40.000 metros cadrados con catro torres . O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou os catro promotores que levarán a cabo a transformación da praza de España, unha das principais actuacións incluídas no PXOM e unha das máis polémicas, que contou co rexeitamento dos socialistas durante os catro anos de goberno do PP. O convenio ten como fin peonalizar a actual rotonda para convertela nun praza peonil na que se construirán catro torres, sobre un zócalo de 3 plantas para unha área comercial, e unha zona verde, o que supón un total de 21 alturas, canalizando a maior parte do tráfico por túneles. O proxecto para esta zona foi un dos máis polémicos durante a tramitación do Plan Xeral. Inicialmente o PXOM contemplaba torres de ata un máximo de 30 alturas, que aos poucos se foron reducindo ante as críticas xeradas.
O alcalde xa confirmara fai uns meses que as torres manteríanse e que o proxecto renegociaríase para modificar o financiamento dos novos túneles da Avenida de Madrid e para incluír un 21% de vivenda protexida no ámbito. «Eu non teño que xustificar nada», declarou o alcalde ao ser preguntado se non vía un tanto «paradoxal» que un rexedor socialista dea luz verde a unha reordenación urbanística criticada durante os catro anos de Goberno local liderado polo PP e por parte dos seus colegas socialistas na oposición.
A intención dos promotores é ter rematado o proxecto de urbanización da praza de España a finais deste ano para poder iniciar as obras durante o 2009. Estas previsións permitirán como asegurou esta mañá o alcalde que os novos túneles empecen a operar xa no 2011.
O proxecto urbanístico para a zona propón eliminar a gasolineira que existe na esquina con Gran Vía e integrar a sede da Fundación Celta na praza, abrindo ao público os xardíns da sede do club. Ao redor da praza crearíase un anel viario aínda que o tráfico circularía principalmente polos noves túneles que se crearían baixo a nova praza. O custo dos novos túneles de entrada e saída da Avenida de Madrid será financiado polos promotores inmboliarios, un dos puntos renegociados polo actual goberno municipal para aceptar este convenio.El custo aproximado para a construción dos túneles rolda os 9 millóns de euros, apuntou o rexedor socialista.
.
.

Ningún comentario: