xoves, 21 de agosto de 2008

O DESERTO AVANZA SOBRE ESPAÑA

"E castigamos ao pobo do faraón con anos de seca e escaseza de froitos. Quizais así prestasen atención" ..
.
A seca extrema axexa ao 37% do territorio - O Goberno tarda cinco anos en aprobar o Programa de Acción Nacional de Loita contra a Desertificación -
.
Xa en 1996 a Administración comprometeuse a tomar medidas
.
España sécase. Un 18% do territorio corre un risco alto ou moi alto de desertificación; outro 19%, un perigo medio. Esa é a realidade e o punto de partida do Programa de Acción Nacional de Loita contra a Desertificación (PAND) do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Marino, que acaba de entrar en vigor tras a súa publicación onte no BOE. A iniciativa, sen nova dotación orzamentaria, levaba desde 2003 en mans do Goberno, cando a seca axexaba a un 31% da superficie, e xa entón acumulaba un importante atraso. Agora a ameaza da desertificación alcanza o 37%.
España asinou xunto con outros 70 países o Convenio de Nacións Unidas vixente desde 1996 que obrigaba a deseñar plans nacionais para combater o que era obvio; que a sobreexplotación dos recursos, o cambio na agricultura e o que entón se esbozaba como un inicio do quentamento global estaba cambiando a paisaxe. Once anos despois, en 2007, presentouse sen os deberes feitos no cume mundial sobre desertificación que acolleu Madrid. O documento que agora presenta, de 262 páxinas, parte dunha radiografía clara da situación. As zonas máis problemáticas son as catro Illas Canarias orientais (Tenerife, Gran Canaria, Lanzarote e Fuerteventura), Murcia, Alicante, Almería e o leste de Castella-La Mancha (Albacete e Ciudad Real). Ningunha sorpresa. Todas coinciden con aquelas, tamén recollidas no informe, nas que se observou unha maior sobreexplotación e salinización dos acuíferos. Tanto que os científicos da Unesco debateron retirar a catalogación de Zona de Interese ás Tablas de Daimiel...
..
.
PROGRAMA DE ACCIÓN NACIONAL CONTRA A DESERTIFICACIÓN

Ningún comentario: