luns, 4 de agosto de 2008

UNHA "ETT" NO CONCELLO (PSOE)

A ex concelleira Mariló Cabaleiro, entrevistará ás decenas de aspirantes que se apuntaron na oficina de emprego para entrar no Concello
.

Na última asemblea do PSdeG celebrada en Vigo, un vello militante relacionado co mundo do mar aseguraba non dar crédito ao ver a cantidade de traballadores do porto que acudiran a votar para elixir aos delegados do partido nos seus congresos federal e galego. O afiliado aseguraba que a maioría deles eran socialistas de novo cuño, cunha antigüidade similar no partido á dos seus contratos no porto, asinados baixo o paraugas dos plans de emprego da Xunta e acazapados case todos baixo a denominación do controvertido corpo da Policía Portuaria.
A inmensa maioría, casualmente, deuse de alta nas oficinas de emprego como especialistas en tarefas de guardamuelles pouco antes de que o porto demandase máis efectivos para tal actividade, aínda que vestidos de policías. Tamén casualmente, máis dunha trintena dos contratados co plan de emprego que Abel Caballero implantou no porto baixo o seu mandato eran familiares, amigos ou coñecidos de afiliados históricos do PSOE vigués e do resto da comarca, así como de cargos de UXT e CC.OO
.

Ningún comentario: