martes, 5 de agosto de 2008

BIÓLOGOS DE VIGO REVELAN AS XOIAS DO EUME

Once universitarios traballan como guías turísticos no parque natural durante o verán
.
A beleza dunha paisaxe como o das Fragas do Eume, o bosque costeiro mellor conservado de Europa, impresiona por si mesma, pero un grupo de estudantes vigueses de Bioloxía propúxose que aos visitantes do parque natural coruñés non se lles escape ningún detalle durante este verán.
Desde o pasado 25 de xullo e ata finais de mes, once estudantes realizan unhas prácticas bolseiras como guías deste espazo natural e xa acompañaron a case medio milleiro de turistas. "Para nós é unha oportunidade única porque compartimos o que aprendemos na facultade con xente que responde moi ben. Case poden chegar a ser unhas vacacións", recoñece Natalia Carballo, unha das participantes.
.
..
O bosque costeiro mellor conservado de Europa
.
Unha iniciativa da Fundación MATRIX pretende sensibilizar a miles de visitantes do Parque Natural co mellor bosque costeiro de Europa, facilitar rutas guiadas para coñecer e gozar dos seus valores e a creacion de FONDEUME, un fondo económico para restauración do bosque autóctono do Parque.
.

Ningún comentario: