domingo, 7 de setembro de 2008

A MORTE DA ALDEA

Nin a Lei 9/2002, Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, nin as súas modificacións posteriores, conseguen atallar os despropósitos que ameazan e asaltan o Territorio. A aldea que é a figura urbanística da nosa terra por excelencia, ve día a día degradar a súa imaxe e contido amparada pola normativa vixente. Isto sucede especialmente en concellos apetecibles tanto para primeira como segunda residencia. A Lei, en referencia aos núcleos rurais, intenta ordenar a consolidación e crecemento dos núcleos rurais para evitar a dispersión da construción e o encarecemento que supón a posteriori a dotación de servizos.
A aldea como núcleo rural, nace derivada duns compoñentes funcionais e económico-sociais cuxa consideración é fundamental para entender e manter a súa identidade. Estes compoñentes desenvolven unha resposta urbanística espontánea, materializada na aldea como conxunto. É un urbanismo funcional, produto das necesidades do home para vivir e sobrevivir nese e dese medio. É a resposta a un sistema de vida.
A aldea caracterízase por ser unha agrupación de casas, nunca monótonas nin iguais, pero en sintonía. Responden a un esquema, normalmente de construcións con hortas pechadas anejas e alpendres para os animais, todo iso bordeando uns rueiros estreitos. As casas de aldea responden a un modelo de vivenda modesta pero elegante pola súa sobriedade. Son construcións sen voladizos, onde a protección do tellado sobre fachada é tan só un voo de 20 cm para resgardar as fiestras do temporal. Ao permitirse a construción encostada/acosada, en grupos de tres, pódense facer conxuntos cunha fronte de fachada repetitiva e aburrida ata a morte. Isto mata a aldea, mata as nosas orixes, mata a nosa paisaxe e mata a nosa idiosincrasia contraria á globalización. O asalto do encostado/acosado/aburrido ás estruturas de aldea agraria, ademais de destruír a trama urbanística da aldea, disfrazou e zaherido a dignidade destes conxuntos. Este urbanismo oportunista permiten converter o rústico en urbano suburbial.
A aldea perde a súa dignidade e convértese nun híbrido entre aldea e cidade de segunda. Digo cidade de segunda porque non ten os servizos dunha cidade e porque as novas construcións, grazas á desafortunada mala arquitectura, normalmente son catetos e estilo "remordimiento".
.
LUISA GARCÍA GIL, ARQUITECTA

Ningún comentario: