venres, 26 de setembro de 2008

SEN RECURSOS HÍDRICOS SUFICIENTES

.
Bruxelas investigará 250 urbanizacións españolas sen auga garantida
.
A Comisión Europea (CE) pediu información a España sobre máis de 250 urbanizacións proxectadas ou en fase de construción que non dispoñen de recursos hídricos suficientes, segundo anunciou o comisario europeo de Medio Ambiente, Stavros Dimas, en resposta a unha pregunta parlamentaria.
Os proxectos, ubicados en Andalucía, Castilla-La Mancha, Murcia e a Comunidade Valenciana, contan con permiso de construción ou están pendentes da súa obtención pese a non recibir o visto bo das confederacións hidrográficas autonómicas, segundo informou o eurodiputado español David Hammerstein, quen formulou a pregunta a Dimas.
Na súa resposta escrita, Dimas afirma que pediu ás autoridades españolas "unha lista de urbanizacións que, malia contar cunha opinión negativa da confederación hidrográfica respectiva sobre a disponibilidad de recursos hídricos, reciban unha aprobación definitiva por parte da autoridade competente".
O responsable europeo tamén reclamou a Madrid un listado de "desenvolvementos urbanísticos rexeitados pola confederación hidrográfica respectiva e que están pendentes da aprobación".
Así mesmo, pediu ao Goberno español que explique os seus plans "para garantir o cumprimento da Directiva Marco da Auga" da Unión Europea, concibida para preservar a calidade e cantidade dos recursos hídricos a medio e longo prazo.
Segundo Hammerstein, do grupo europeo dos Verdes, a investigación da CE "pode poñer en dúbida legal centenares de miles de vivendas que se proxecta construír en zonas cunha escaseza hídrica endémica".

Ningún comentario: