luns, 1 de setembro de 2008

VIGO-ÍNTEGRA LEVANTA BOCHAS

As veciñanzas da contorna de Vigo álzanse contra as novas estradas
..
As plataformas de protesta axitan Gondomar, Tomiño, Nigrán e Soutomaior
. .
En Gondomar a oposición á autovía programada pola Xunta dentro do plan Vigo Íntegra é un clamor ao que se sumaron todos os grupos políticos, as asociacións locais e ata o cura párroco, que o pasado domingo, en misa de 12, instou ao seu público a apuntarse á plataforma que cataliza as protestas e que, ata que conclúa o período de información pública, espera duplicar as mil alegacións que xa hai formuladas contra o proxecto.
As plataformas veciñais contra as novas estradas afloran nese concello e en Mos, que foi a primeira, en Tomiño, Nigrán, Redondela Soutomaior e na mesma Pontevedra, cuxo concello tamén saltou unánime contra os proxectos da Xunta.
Todos, miles de veciños deses concellos próximos a Vigo, están preparando ou asinando xa as alegacións e se aprestan a encarar o outono con mobilizacións, que en moitos casos continúan as previas ao verán, contra os modernos viarios que debuxou a Consellería de Política Territorial no plan Vigo Íntegra e que, con todo, recíbense como lategazos no territorio e paisaxe familiares. "Os autores do plan pensan que o centro é Vigo e que o que hai ao redor é máis Vigo, e non é así", explica Antón Araúxo, alcalde de Gondomar.
.

Ningún comentario: