domingo, 26 de outubro de 2008

MENOS ADOLESCENTES

Vigo e a súa área perderon 20.000 adolescentes nos últimos dez anos
.
A falta de mozos contrasta co auxe demográfico do último lustro, cando naceron máis de 12.000 nenos
.
O único municipio con saldo positivo na última década é o máis pequeno, Mondariz Balneario
.
Vigo en cifras, ano 1998= 38.893, ano 2007= 27.229, idades seleccionadas entre 10 e 19 anos.
.
Están chamados a ser a xeración Youtube. O mundo naceu para eles cun computador xa conectado a Internet. Son o futuro, aínda que de momento a súa maior preocupación é mergullar na adolescencia. Comparten rúa con menos rapaces que fai unha década, porque Vigo e a súa área perderon 20.981 mozos de entre 10 e 19 anos desde 1997. De interior ou de costa, non hai concello que non se libre desta sangría, excepto Mondariz Balneario. O municipio máis pequeno é o único que sae airoso, calculadora en man, posto que o ano pasado tiña 66 mozos, 18 máis que fai unha década.
O sur de Pontevedra non é a excepción. Os poucos nacementos na década dos 90 e finais dos 80 contaxian a toda Galicia, onde na actualidade hai máis de 230.000 adolescentes fronte aos 345.000 do 1997. Os números vermellos non quedan na lista da época do instituto; os universitarios da provincia teñen tamén menos colegas con idades de 20 a 25, case un 40 por cento menos.
En favor da base da pirámide, resalta o auxe demográfico dos últimos cinco anos, que se pode apreciar tanto nas estatísticas, con 12.333 máis nenos en Galicia, como na área de matronas do hospital Xeral. Por aquí pasaron moitos dos case 13.000 nenos, 2.800 máis que fai dez anos, nacidos no último lustro na cidade.
Para coñecer un pouco máis á os adolescentes, achegarse a tres mozos, en pleno cambio á ESO, que representan as diferentes Galicias nun radio de menos de 60 quilómetros: Vigo, a cidade máis grande da costa, con acceso ás últimas tecnoloxías e unha poboación que rolda os 300.000 habitantes; Ponteareas, un municipio puxante que nos últimos anos alcanzou os 22.000 veciños e nútrese da súa conexión coa costa, e Arbo, unha contorna rural onde case 4.000 habitantes gozan do aire libre e loitan por manter os servizos básicos cunha boa calidade a pesar da perda de poboación. Unha pequena mostra dos futuros galegos.

Ningún comentario: